Franz Schubert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
engado caixa de información
m →‎Obra musical: Felix Mendelssohn
Liña 55:
Schubert é un dos grandes creadores de melodías; nisto está á altura de Mozart. Levoulle tempo chegar a dominar a composición orquestral. Cando chegou ó cumio neste aspecto foi coa súa Novena Sinfonía. Podíanse esperar máis obras mestras, pero a morte prematura impediuno. En cambio, Schubert amosou un talento innato e unha rara mestría para a música de cámara e certos xéneros considerados inxustamente "menores": o ''lied'' e a pequena peza para piano. A súa produción total bordea o millar de pezas. Unha bela melancolía está presente en gran parte da súa obra. Unha das características do compositor vienés é certa inconstancia que o levou a deixar sen concluír moitas composicións maiores.
 
* Sinfonías (Nove). A ''primeira'' (D. 82), en re maior, dedicada a [[Franz I. Lang]], elector da escola onde estudou Schubert. A ''segunda'' (D. 125), tamén dedicada a Lang. A ''terceira'' (D. 200), a máis breve de todas polo seu ritmo enérxico. A ''cuarta'' (D. 417) coñécese como ''Tráxica'. A ''quinta'' (D. 485) é unha breve composición de gran beleza e fermosos temas. A ''sexta'' (D. 589), en do maior, coñécese como "A Pequena". A ''sétima'' (D. 721), quedou moi avanzada pero sen concluír, ó igual que a ''oitava'' (D. 759) (chamada precisamente ''Incompleta'' ou ''Inconclusa''), ten apenas dous movementos, suficientes para ser recoñecida como unha obra mestra do xénero sinfónico. A ''Sinfonía Nº 9'' (D. 944), tamén en do, chamada "A Grande", é o cumio do repertorio orquestral de Schubert. É unha sinfonía moi admirada entre os románticos, como [[Schumann]] ou [[Felix Mendelssohn|Mendelssohn]].
 
* Oberturas: ''Rosamunda'' e outros segmentos de música escénica e proxectos inacabados.