190.960
edicións
A [[hemoglobina]] (Hb) é o principal transportador de oxíxeno en humanos. Ten catro subunidades nas que o ión de ferro(II) está coordinado polo ligando plano macrocíclico [[porfirina|protoporfirina]] IX (PIX) e o átomo de nitrógeno do [[imidazol]] dun residuo de [[histidina]], formando un grupo [[hemo]]. O sesto sitio de coordinación contén unha molécula de auga ou unha molécula de dioxíxeno (O<sub>2</sub>). O sitio activo encóntrase nun peto [[hidrofóbico]], o que é importante, xa que doutro modo o ferro(II) se oxidaría de forma irreversible a ferro(III). A constante de equilibrio para a formación de HbO<sub>2</sub> ten un valor que permite que o oxíxeno sexa captado ou liberado en función da [[presión parcial]] de oxíxeno nos [[pulmón]]s ou nos [[músculo]]s. Na hemoglobina as catro subunidades mostran un efecto cooperativo, que permite unha doada transferencia de oxíxeno da hemoglobina sanguínea á [[mioglobina]] muscular.
A [[hemoeritrina]] é outro transportador de oxíxeno que
As [[hemocianina]]s transportan oxíxeno no sangue da maioría dos [[molusco]]s e algúns [[artrópodo]]s como o [[cangrexo ferradura]]. É o segundo encima transportador de oxíxeno máis abundante, despois da hemoglobina. Na oxixenación os dous átomos de cobre(I) do [[sitio activo]] oxídanse a cobre(II) e as moléculas de dioxíxeno (O<sub>2</sub>) redúcense a peróxido (O<sub>2</sub><sup>2-</sup>).<ref name=Karlin>{{cita publicación | autor = K. D. Karlin, R. W. Cruse, Y. Gultneh, A. Farooq, J. C. Hayes and J. Zubieta | título = Dioxygen-copper reactivity. Reversible binding of O2 and CO to a phenoxo-bridged dicopper(I) complex | ano = 1987 | publicación = [[J. Am. Chem. Soc.]] | volume = 109 | número = 9 | páxinas = 2668–2679 | doi=10.1021/ja00243a019}}</ref><ref name = Kitajima>{{cita publicación | autor = N. Kitajima, K. Fujisawa, C. Fujimoto, Y. Morooka, S. Hashimoto, T. Kitagawa, K. Toriumi, K. Tatsumi and A. Nakamura | título = A new model for dioxygen binding in hemocyanin. Synthesis, characterization, and molecular structure of the μ-η2:η2 peroxo dinuclear copper(II) complexes, [Cu(HB(3,5-R2pz)3)]2(O2) (R = isopropyl and Ph) | año = 1992 | publicación = [[J. Am. Chem. Soc.]] | volume = 114 | número = 4 | páxinas = 1277–1291 | doi=10.1021/ja00030a025}}</ref>
|
edicións