Kriegsmarine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 25:
[[Italia]] entrou na guerra en xuño de [[1940]], e nese momento comezaría a [[Batalla do Mediterráneo]]. Dende setembro de [[1941]] ata maio de [[1944]], 62 submarinos alemáns foron enviados a ese novo escenario. Estes submarinos afundiron 24 grandes buques ingleses (incluíndo 12 destrutores, 4 cruceiros, 2 portaavións e 1 acoirazado) e 94 mercantes. Ningún dos submarinos do [[Mediterráneo]] voltarían ás súas bases ao final da guerra, sendo todos eles afundidos, ben polo inimigo ou polas súas propias tripulacións.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 193-04-1-26, Schlachtschiff Bismarck.jpg|miniatura|300px|O acoirazado ''Bismark'' en Hamburgo no ano 1940.]]
En [[1941]] o ''[[Acoirazado Bismarck|Bismarck]]'', un dos catro modernos [[acoirazado]]s alemáns, afundiu o HMS ''[[HMS Hood (51)|Hood]]'' mentres patrullaba polo [[Atlántico]] buscando convois mercantes. Malia todo, o ''Bismarck'' sería cazado polas superiores forzas británicas e sería alcanzado gravemente polo [[torpedo(arma)|torpedo]] dun avión e afundido antes de que puidese enfrontarse con dous acoirazados británicos.
 
Ao longo da guerra a ''Kriegsmarine'' foi responsable da artillería costeira, que protexía os grandes portos e as zonas importantes de costa e tamén se encargou da artillería anti-aérea que protexía os devanditos portos.