Isaac Peral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 7:
No [[1883]] fíxose cargo da cátedra de Física-Matemática da Escola de Ampliación de Estudos da armada española. No 1885, trala denominada crise das Carolinas, na que [[Alemaña]] intentou arrebatar este archipiélago a España, Isaac Peral considerouse na obriga de comunicar aos seus superiores que tiña resolto definitivamente o reto da navegación submarina. Tras un rigoroso análise do seu proxecto, por parte dos máis cualificados científicos da mencionada Escola de Ampliación, estes deron a súa aprobación para que fose trasladado ó ministro da Mariña, Almirante Pezuela, quen recibiu o proxecto con caloroso entusiasmo. Mais os sucesivos ministros que lle sucederon, amosaron indiferencia ou aberta hostilidade (Almirantes Ródriguez de Arias e Beránger).
 
Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], o submarino foi finalmente botado o [[8 de setembro]] do [[1888]]. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía suministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba, ademais un tubo lanzatorpedos, tres [[torpedo(arma)|torpedo]]s, [[periscopio]], un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.
 
As probas oficiais desenvolvéronse ao longo de [[1889]] e [[1890]]. Convén dicir que non se lle concedeu permiso para efectuar a proba clave, que solicitara o propio inventor: atravesar sumerxido o estreito de [[Xibraltar]], dende [[Algeciras]] até [[Ceuta]]. Malia o cal, amosou nas probas que se verificaron, que podía navegar en inmersión á vontade do seu comandante, co destino, rumbo e cota prefixados e en mar aberto. Ademais, amosou que podía atacar, sen ser visto, a calquera buque de superficie. A Comisión Técnica nomeada ó efecto, avalou o éxito das probas do primeiro submarino da historia. Porén, escuros intereses nunca aclarados, motivaron que as autoridades do momento desbotasen o invento e alentasen unha campaña de desprestixio contra a persona do inventor, quen tivo que solicitar a baixa na Mariña e tentar aclarar á opinión pública a verdade de ocorrido.
Liña 15:
Adicado á vida civil, conseguiu fundar varias empresas con éxito, relacionadas coa súa especialidade, o aproveitamento da enerxía eléctrica.
 
O 4 de maio do 1895, Peral trasládase a Berlín para ser operado de cancro, mais un descuido nas curas produciulle unha [[meninxite]] que rematou coa súa vida o 22 de maio. O 11 de novembro de 1911 trasládanse os seus restos mortais a Cartagena.
 
== Véxase tamén ==