Diferenzas entre revisións de «Principio»

ampliación
(Formato)
(ampliación)
 
Un ''principio'' é, comunmente, un hábito ou costume ("por principio") ou un razoamento que serve de punto de partida. Principio significa, en xeral, o comezo ou a causa de algún fenómeno. Tamén pode ser definido como a causa primaria, o momento, o lugar ou treito en que algo, unha acción ou u coñecemento, ten a súa orixe.
 
Na [[ciencia]], en xeral un '''principio''' é unha lei ou regra que se cumpre ou que se debe seguir con certo propósito, como consecuencia necesaria de algo ou co fin de lograr certo propósito. As [[lei|leis naturais]] son exemplos de [[física|principios físicos]]; en [[matemáticas]] e noutros campos tamén existen principios necesarios ou que se cumpren sen máis, ou que deberían cumprirse se se pretende ter certo estado de feitos.
 
Outra maneira de concibir os principios inherentes a un sistema ou a unha disciplina á como un refrexo das características esenciais do sistema, que os usuarios ou investigadores asumen, e sen os que non é posíbel traballar, comprender ou usar dito sistema.
 
Pero en diferentes ámbitos ten significados diferentes:
* O '''[[Principio (moral)|principio]]''' é, en [[moral]], unha máxima moral.
* O '''[[Principio (física)|principio]]''' é, en [[física]] (e noutras [[ciencia]]s) unha lei admitida sen demostración teórica, só pola vía [[experimentación|experimental]].
* En [[farmacoloxía]], unUn '''[[principio activo]]''', ou simplemente '''principio''', en [[farmacoloxía]], é unha [[molécula]] que produce, nun [[medicamento]], a súa acción [[farmacodinamia|farmacodinámica]].
* O '''[[principio da acción e reacción]]''', en [[física]] é un dos nomes que recibe a [[Leis de Newton|terceira lei de Newton]].
* O '''[[principio da parsimonia]]''', tamén coñecido como '''a navalla de Occam''', é un principio que se atribúe a [[Guillerme de Occam]], que constitúe a base do [[reducionismo]] metodolóxico.
* O '''[[principio de Arquimedes]]''' é un [[principio (física)|principio físico]] que afirma que "un corpo total ou parcialmente somerxido nun fluído en repouso, recibe un impulso de abaixo cara a arriba igual ao peso do volume do fluído que desaloxa".
* O '''[[principio de Bernoulli]]''', en [[mecánica de fluídos]], describe o comportamento dun [[fluído]] movéndose ao longo dunha liña de corrente.
* O '''[[principio de exclusión de Pauli]]''' foi unha [[hipótese]] formulada por [[Wolfgang Pauli]] que postula que nun mesmo [[átomo]] é imposible que dous [[electrón]]s posúan os catro [[mecánica cuántica|números cuánticos]] iguais.
* O '''[[principio de Huygens]]`''' é un método de análise aplicado aos problemas de propagación de ondas, enunciado por [[Christiaan Huygens]].
* O '''[[principio de indeterminación de Heisenberg]]''' ou '''principio de inceertidume''' é un principio da [[mecánica cuántica]] que estipula que "non poden determinarse con exactitude e á vez a [[posición]] e a [[velocidade]] dunha [[partícula elemental|partícula]]".
* O '''[[principio de Pascal]]''' ou '''lei de Pascal''', en [[física]], é unha lei enunciada [[Blaise Pascal]] que se resume na frase: "a [[presión]] exercida por un [[fluído|fluído incompresíbel]] e en [[equilibrio]] dentro dun recipiente de paredes indeformábeis, transmítese con igual intensidade en todas as direccións e en todos os puntos do fluído".
* O '''[[principio do actualismo]]''' ou ''''principio do uniformismo''', considerado como a base da [[xeoloxía]] e a [[paleontoloxía]] modernas, enunciado por [[James Hutton]] e reformulado posteriormente por [[Charles Lyell]], determina que as leis [[física]]s, [[química]]s e [[bioloxía|biolóxicas]] que actuaron no pasado son as mesmas que as que actúan no presente.
30.128

edicións