Xinuda III, papa de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: tl:Papa Shenouda III
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 6:
Naceu en Asyut en agosto de 1923, sendo o pequeno de oito irmáns. Foi bautizado co nome de Nazeer Gaied. Graduouse en historia pola Universidade do [[Cairo]].
 
En 1953 escolleu a soidade do deserto onde viviu durante seis anos nunha gruta escavada por el mesmo. Cambiou o seu nome polo de Antonio en honra de San [[Antón Abade]] o fundador do monacato exipcio. Nese período adicouse á meditación, a [[ascese]], o estudo e a oración.
 
En 1962, foi chamado polo Papa Cirilo para ser consagrado bispo de Educación cristiá e Presidente do Seminario de Teoloxía copta, onde triplicou o número de seminaristas. Foi editor-xefe da revista ''[[El Keraza]]''.
 
=== Liderado relixioso ===
En 1971 foi elixido [[Patriarca de Alexandría]] e, xa que logo, Papa da Sé de [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]]. Ordenou a máis de 80 bispos e restableceu varios mosteiros dando pulo á antiquísima tradición monástica do [[cristianismo]] exipcio. Semanalmente congregacongregaba a máis de 70007.000 fieis que se reúnen para escoitar de viva voz as súas ensinanzas na catedral de San Marcos no Cairo.
 
Deu un gran pulo á expansión internacional da Igrexa copta en América ([[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Brasil]]), [[Australia]] e o [[Reino Unido]]. Asinou con [[Paulo VI]] unha declaración cristolóxica que puña fin a debates encarnizados dende o [[Concilio de Calcedonia]]. Lonxe de acantonarse en conceptos de metafísica teolóxica, a declaración céntrase na fe común acerca da unidade da persoa de [[Xesús]], verdadeiro fillo de Deus e verdadeiro home. Ten estreitado os vencellos coas Igrexas monofisitas: a [[Igrexa Siríaca]] e a [[Igrexa Armenia]], coas que comparte un mesmo credo. Introduciu á súa Igrexa no movemento ecuménico internacional, mantendo unha forte conexión coa [[Igrexa Ortodoxa]] de tradición Bizantina, incluído o [[Patriarcado de Moscova]]. Abriuse tamén a un diálogo co [[protestantismo]]. O feito de que algún relevante cismático da súa Igrexa fose acollido pola [[Igrexa Anglicana]] non foi óbice para o mantemento dunha relación cordial con esta Igrexa. Recibiu a [[Xoán Paulo II]] na súa viaxe a Exipto.
 
Fiel á tutela da Igrexa copta de [[Exipto]] sobre a [[Igrexa Etíope Tewahedo]] condenou a detención, desposuimento e execución de [[Abuna Tewophilos]], cabeza da Igrexa etíope, e negouse a recoñecer ao candidato gobernamental. El mesmo sufriu o exilio, en 1981, de mans do presidente [[Sadat]], ata o levantamento da condena por [[Hosni Mubarak]] en 1985. Favoreceu a independencia da [[Igrexa eritrea ortodoxa]] no Santo Sínodo de 28 de outubro de 1993.
Liña 19:
No ano 2000, recibiu o premio á tolerancia e a non violencia outorgado pola [[UNESCO]] pola súa defensa da convivencia entre cristiáns e musulmáns e a difusión dos ideais contrarios á vinganza na acosada e illada comunidade copta.
 
A súa acción pastoral tivo como eixos de actuación a mocidade, como futuro da fe copta, e a defensa da dignidade e a participación da muller no seo da comunidade cristiá copta, nun contexto de endurecemento social do [[Islam]]. Porén, manténmantivo a imposibilidade da ordenación sacerdotal feminina e a negativa a recoñecer a licitude moral das relacións homosexuais.
 
Autor de máis de 100 libros traducidos ao inglés, francés, alemán ou o italiano, neles ten reivindicado as raíces apostólicas do [[cristianismo]] copto, o espírito de humildade, servizo e concordia, e o avance da unidade dos cristiáns sobre a base dunha mesma fe, fronte a visión católica da unidade de xurisdición.