Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: tr:Formula 1
Liña 51:
Xa na pista, [[Team McLaren|McLaren]] (primeiro con motores [[Porsche]] e logo cos de [[Honda Racing F1 Team|Honda]]) dominou a meirande parte da década dos 80, mentres que [[WilliamsF1|Williams]], con motores [[Renault F1 Team|Renault]] gañaría catro títulos a mediados dos 90. A maior parte da atención estaba enfocada á rivalidade entre [[Ayrton Senna]] e [[Alain Prost]] dende [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988|1988]], até que en [[1993]] o último se retirou da competición.
 
O [[Gran Premio de San Marino de 1994]] marcou traxicamente un antes e un despois nas políticas da FIA en canto a seguridade dos circuítos e dos monoprazas, debido á morte do piloto novato [[Roland Ratzenberger]] na calificación do sábado e da morte de [[Ayrton Senna|Senna]] na carreira do domingo.
Dende aquela, non volveu a morrer ningún piloto, aínda que dous [[Comisario (Fórmula 1)|comisarios]] perderon a vida en [[2000]] e en [[2001]]. Estes cambios, que os equipos se viron forzados a aceptar como parte do Pacto da Concordia, incluíron por exemplo, o estreitamento dos pneumáticos e das estradas dos circuítos.