Toxicidade do monóxido de carbono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
==Mecanismo de acción==
O CO produce toxicidade ao provocar hipoxia [[Tecido (bioloxía)|tisular]] e dano a nivel [[Célula|celular]]. A súa toxicidade débese á súa combinación coa [[hemoglobina]] para dar carboxihemoglobina (COHb). A COHb non transporta osíxeno xa que ambos os dous gases (tanto osíxeno como CO) reaccionan cos grupos [[hemo]] na molécula tetramérica da Hb. O CO ten 200-250 veces máis afinidade pola hemoglobina có osíxeno, invalidándoa para transportar este último. Por tanto, a intoxicación pode ocorrer aínda cando pequenas cantidades de CO se atopen presentes na atmosfera.
 
Cando o paciente é illado do ambiente contaminado, a carboxihemoglobina desaparece rapidamente, particularmente cando o osíxeno se lle é administrado. Só refugallos se lle poden detectar cando o paciente vai ó hospital e se lle realiza unha clínica toxicolóxica, aínda que a medida de carboxihemoglobina é raramente xustificada nela.