Sant Andreu de Palomar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 7:
No [[século XVI]] xa se pode falar de [[masía]]s diseminadas pola demarcación do pobo de Sant Andreu de Palomar. O campesiñado de Sant Andreu orixinouse a partir do arrendamento ou cesións de terras, por parte dunha clase media organizada. Co tempo fóronse conformando as diferentes rúas ao redor da rúa Maior, antiga vía romana. A industrialización que tivo lugar a finais do [[século XIX]] e principio do [[século XX]] fai que se establezan en Sant Andreu empresas importantes, como a téxtil Fabra y Coats, La Maquinista, Fabricación Nacional de Colorantes, e unha gran cantidade de empresas pequenas e de talleres.
 
Na data 20 de abril de 1897 a Raíña Rexente [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], case por sorpresa, asina o «Decreto de Agregación» que anexionou o pobo de Sant Andreu do Palomar ao municipio de [[Barcelona]], como a moitos outros pobos por un real decreto asinado en [[Madrid]]. Nesta anexión tamén se viron afectados os municipios de [[Gràcia]], [[Sants]], [[Les Corts]], [[Horta, Barcelona|Horta]], [[Sant Martí]], [[Sant Gervasi de Cassoles]] e posteriormente [[Sarrià]].
 
En 1995 recuperáronse as instalacións da fábrica Fabra y Coats para centro cultural do barrio. Son 6.000 metros cadrados en catro pisos de planta rectangular onde se sitúa ademais a nova biblioteca.
 
É coñecida a iniciativa asociativa do barrio, principalmente na contorna de entidades de aire deportivo, como a [[Unió Esportiva Sant Andreu]], que conta co [[Campo Municipal Narcís Sala|Estadio Narcís Sala]] con capacidade para 15.000 espectadores e o [[CN Sant Andreu|Club Natació Sant Andreu]]. O antigo local do "Ateneo Obreiro de Sant Andreu" alberga actualmente a sede da Agrupación Ferroviaria de Barcelona.
 
== Véxase tamén ==