Paul Gauguin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Categoría
Beninho (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 39:
Entre 1886 e 1888 a súa obra experimentou un xiro radical, cuxa orixe cabe procurar en dúas experiencias vitais de grande importancia: o seu encontro con [[Van Gogh]] e o xa mencionado primeiro viaxe á Martinica. Gauguin coñeceu ó pintor holandés en París e quedou fortemente impresionado polo modo en que este conseguía plasmar as súas inquedanzas vitais nuns lenzos rebordantes de expresividade. En 1888 incluso se desprazou a [[Arles]] coa intención de traballar conxuntamente, pero as incompatibilidades de carácter deron espectacularmente ó traste co proxecto ó cabo só de poucas semanas. Pouco antes, Gauguin se trasladara durante un tempo á colonia francesa da Martinica, onde entrou en contacto cunha paisaxe repleta de sensual colorido e unha sociedade, a indíxena, en estreita convivencia coa natureza. Ambos factores se uniron para espertar no artista unha aguda nostalxia polo primitivo, vieiro no que ía achar unha vía idónea para expresar unha emotividade non contaminada polo naturalismo propio do arte refinado.
 
Trala súa desastrosa experiencia en Arles, Gauguin regresou a París, onde o seu interese polas formas da arte popular acrecentouse por vía da súa amizade co xove artista [[Émile Bernard]]. De resultas das súas propias experiencias na Martinica e do aporte teórico de Bernard ía xurdi-lo [[sintetismo]], estilo persoal caracterizado pola representación non imitativa e a separación da imaxe pictórica en zonas de cor fortemente contrastadas e a miúdo delineadas en negro ("cloisonne" inspirado nos [[vitral|vitrais]] das igrexas). Dito estilo, co seu rexeito frontal ó uso de trucos formais para recrea-la percepción visual, significou unha ruptura absoluta, dende o punto de vista conceptual, co impresionismo que outrora abrazara, razón pola cal é categorizado pola moderna historiografía da arte como postimpresionista (xunto con Van Gogh e Cézanne). Entre 1888 e 1891 viviu principalmente na [[Bretaña]], onde foi o referente principal da chamada [[Escola de Pont-Avén]] (nome dunha pequena localidade bretonabretoa). Alí tivo como discípulos ó mencionado Bernard xunto [[Serusier]], [[Seguin]], [[Chmaillard]] que constituirían ó [[simbolismo]]), é nese tempo que adopta un debuxo sinxelo compensado por unha coloratura intensa disposta en planos masivos (tal cal se pode observar en ''O Cristo amarelo'').
 
En [[1891]] enfermo e tratando de eludir os seus endebedamentos marchou á [[Polinesia]], deste modo entre [[1891]] e [[1903]] efectuou longas estanzas en [[Tahití]] e as [[illas Marquesas]] alternadas con visitas a Francia entre [[1893]] e [[1895]], para tales anos o seu primitivismo foise temperando ó se abrir á influencia de neoclásicos como [[Ingres]] ou contemporáneos como o "[[nabi]]" [[Puvis de Chavannes]]. Este proceso correu da man dun crecente refinamento tonal e da presenza na súa produción dunha aura onírico-poética que en modo algún asemella reflecti-la enfermidade e os conflitos persoais -particularmente os seus enfrontamentos coas autoridades locais en defensa das comunidades indíxenas- que marcaron os últimos anos da súa vida. Durante o período final da súa obra nótase un rexeitamento á perspectiva e o uso de formas amplas e planas, intensificando a expresividade cromática. Na Polinesia anticipa a [[arte abstracta]]: simplifica aínda máis as composicións dando preponderancia á cor e á idea que a cor pode suxerir. Cara os últimos anos da súa vida formou parella e tivo fillos cunha xove das illas Marquesas, pero tamén contraeu [[lepra]], a súa pintura entón ínzase de inquedanzas metafísicas (''O espírito dos mortos obsérvanos''; ''¿De onde viñemos?, ¿que somos?, ¿onde imos?''; ''O ouro e o corpo''; ''Never morre''.), en [[1897]] tenta suicidarse, logo sobrevive practicamente na miseria cunha pequena pensión que dende París lle enviaba un marchante, en [[1901]] xa establecido definitivamente nas Illas Marquesas dedicouse a realizar esculturas "primitivas" (principalmente tallas e baixorrelevos en madeira). Faleceu na aldea de Atuona o 9 de maio de 1903.