Liga Estudantil Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 25:
A Liga naceu o sábado [[26 de marzo]] de [[2011]] na Facultade de Dereito de [[Santiago de Compostela]]<ref>http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/liga-estudiantil-galega-presentase-alternativa-ao-lobby-da-upg/idEdicion-2011-04-01/idNoticia-654894/</ref>, onde tivo lugar a Asemblea Nacional Constituínte<ref>http://oestudantadodenuncia.blogaliza.org/2011/03/29/nace-a-liga-estudantil-galega/</ref> baixo o lema “Estudando, loitando, construíndo”, culminando un proceso de máis dun mes de intenso debate, diálogo e construción no que se definiu a liña político-organizativa na que se enmarcarán as súas actuacións.
 
Naceron con ilusión e forzas, dispostas e dispostos a combater por un ensino público, galego, antipatriarcal e de calidade, continuando o traballo iniciado por [[ERGA]] e os [[CAF]]. Embarcáronse nun proxecto que busca aglutinar a todo o estudantado [[nacionalista]] e combativo, para traballar polo ensino que o País precisa. Na sesión de clausura da Asemblea Nacional Constituínte da Liga Estudantil Galega estiveron presentes diversas delegacións de organizacións convidadas e presentouse un documento asinado por antigos membros de ERGA e dos CAF, apoiando este novo proxecto do nacionalismo estudantil. O [[14 de abril]] de 2012 ten lugar na [[Facultade de Formación do Profesorado de Lugo]] a I Asemblea Nacional da organización co lema de "''En movemento"'', onde se afianzou no seu camiño de loita contra a elitización e precarización do ensino.
 
==Obxectivos==