Queen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: ur:کوئین
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 23:
 
== Biografía ==
A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando [[Brian May]] e [[Tim Staffell]] fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como bateristabatería. En 1970 [[Tim Staffell]] abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase [[Freddie Mercury]] e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese [[John Deacon]] como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.
 
O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de [[1975]]. Estaba dentro do seu álbum ''A night at the opera''. Previamente, Queen gravara tres discos: ''Queen'', ''Queen II'' e ''Sheer Heart Attack''.