Libro de Daniel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
|-
|}
 
===Segunda sección narrativa===
A sección que pecha o libro na súa versión católica, é un texto deuterocanónico. Incorporouse serodiamente ao canon bíblico e só a admiten como inspirado os católicos.
 
Son 3 relatos con sabor popular e incluso cun certo ton de caricatura. Os relatos seguen sempre un mesmo esquema: a inxustiza e a mentira quedan en evidancia e os culpables son castigados gracias á sabedoría de Daniel o a protección que Deus presta sempre aos seus.
* ''A Casta Susana'': unha muller inxustamente acusada de adulterio, vese libre da morte -ao tempo que os seus acusadores son castigados- gracias á astucia dun Daniel aínda neno. Con respecto aos outros relatos ten dúas características propias: neste caso a inxustiza nace do propio pobo de Israel (dous vellos mestres da lei) e non de Babilonia, símbolo de todo mal; o protagonista é un Daniel neno, algo singular en todo o libro.
* ''Os sacerdotes de Bel'': relato de ton caricaturesco onde de novo a astucia e Daniel deixa en evidencia a falsidade dos ídolos, neste caso o deus Bel, e as mentiras argalladas polos seus sacerdotes.
* ''Daniel e o dragón'': segue o tema do anterior, a loita contra os ídolos. Combínanse a astucia e o valor de Daniel, que derrota ao dragón e a protección divina, que o salva dos leóns. O tema da loita contra o dragón (vello símbolo do mal) vai aparecer na literatura cristiá posterior: O dragón d[[o Apocalipse]], a lenda de [[Xurxo de Capadocia|San Xurxo]], a figura da [[Coca (mitoloxía)|Coca]] en festas como a do Corpus en [[Redondela]]...
 
==Uso no Novo Testamento==