The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 21:
Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de [[Neil Young]] ("Like a Hurricane") e dos [[Rolling Stones]] ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, ''Big Top Halloween'' en [[1988]]. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente '''Afghan Whigs''', e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.
 
O álbum foi lanzado polo entón recén creado [[Selo discográfico|selo]] independente Ultra Suede, do propio bateristabatería da banda, [[Steve Earle]]. O disco foi máis tarde descrito por [[Greg Dulli]] como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.
 
Nesa época, Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. [[Greg Dulli]] trasladouse a [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en [[Cincinnati]].