Diferenzas entre revisións de «Pedro Barrié de la Maza»

m
sen resumo de edición
m (Engadida información)
m
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a [[Guerra Civil Española]], motivo polo cal [[Francisco Franco|Franco]] concedeulle importantes privilexios.
 
Desde [[1939]] ata [[1971]] dirixiu o principal banco de [[Galicia]] ([[Banco Pastor]]) e creou en [[1943]] a empresa de electricidade [[fenosaFenosa (1942)|Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA)]], hoxe [[Gas Natural Fenosa]], participando así no desenvolvemento económico de [[Galicia]].
 
Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. ([[ASTANO]]) desde [[1948]] ata [[1971]]. Desde [[1944]] ata [[1971]] foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da [[A Coruña|Coruña]] construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.
En [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como poden ser a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] ou a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].
 
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publícase nos diarios que seis dodas sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas eran depositadas no [[Banco Pastor]]. <ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ACB |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref> Segundo relata o libro "Grandes Empresas, grandes historias de Galicia" (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
 
En [[1966]] crea a fundación Conde de Fenosa con sede en [[A Coruña]] e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]] hoxe absorvido por [[Banco Popular]]