Adelsfana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Adelsfana''' era unha unidade regular de cabalería sueca, a súa orixe está na Ordenanza de Alsnö (1280) na que o rei ordenaba á nobreza asistirlle n..."
 
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Adelsfana''' era unha unidade regular de [[cabalería]] [[Suecia|sueca]], a súa orixe está na [[Ordenanza de Alsnö]] ([[1280]]) na que o rei ordenaba á nobreza asistirlle na guerra por medio de homes e cabalos a cambio dos seus privilexios, e ao primeiro era recrutada e financiada pola [[nobreza]]. En 1565 o rei Erik XIV organízaa como unha unidade regular co nome de ''Adelsrytteriet'' (cabalería nobre) e en 1571 adopta o nome de Adelsfana, a súa organización variou ao longo do tempo, pero os oficiais sempre habían de pertencer á nobreza e o seu tamaño correspondía a un pequeno rexemento de cabalería, en 1634 aparece na primeira constitución de Suecia como un dos rexementos da cabalería sueca. Ata 1640 estivo formada por tres compañías en Suecia e [[Finlandia]], e nese ano sumouselleaumentou unha máis que aumentaron aforon 5 en 1658 logo da anexión de [[Escania]] e afixándose en 6 en 1680 pero en épocas de paz só os oficiais estaban en servizo. En 1702 durante a [[Gran Guerra do Norte]] foi enviado ás provincias bálticas e en 1706 tomou parte na [[batalla de Fraustadt]] e en 1709 na de Perevolchna que rematou na desfeita sueca e na rendición das tropas supervivintes aos rusos. A partir de 1718 o rexemento quedou desartellado na práctica, reuníndose por última vez en 1743 e cobrando os oficiais os seus salarios ata 1809, pero oficialmente seguíu a existir ata 1901.
 
[[Categoría:Temática militar]]