Nobreza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''nobreza''' constitúe un grupo social exclusivo de carácter hereditario cun status privilexiado recoñecido pola autoridade. Na Europa preindustrial era un dos tres [[estamento]]s [[medieval|medievais]] e do [[Antigo Réxime]], xunto co [[clero]] e o [[terceiro estado]] e como estamento privilexiado da sociedade baseaba eses privilexios nunha suposta superioridade moral ou racial.
 
No [[estado feudal]], nobre era que posuía un [[feudo]], e que estaba unido aos seus [[servo]]s por relacións de [[vasalaxe]], mas na [[Idade Moderna]] os reis adxudicaron numerosos títulos sen terras ou dominios asociados. O instauración da nobreza supuxo a imposición nas sociedades [[romanización|romanizadas]] da antiga división social [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]] longo tempo desaparecida, mas que se conservou polos pobos [[pobos xermánicos|xermánicos]]. Esta división estruturaba a sociedade en tres grupos hereditarios de guerreiros, sacerdotes e traballadores. Tanto a sociedade romana como moitas das anteriores sobre as que se impuxo a súa cultura xa perderan esta estruturación e deran lugar a certa mobilidade social.