Marlene Dietrich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 73:
Tamén tivo éxito na busca da súa nai e da súa irmá; puido falar brevemente por radio coa súa nai, e por fin, vela tamén en [[Berlín]]. A súa nai, que se xurara a si mesma sobrevivir a [[Hitler]], morreu en novembro de [[1945]].
 
O seu compromiso contra o [[Réxime Nazi]] obtivo un recoñecemento considerablemente anterior a nivel internacional que na súa patria alemá. En [[1947]] recibiu a [[Medal of Freedom]], a ''Medalla da liberdade'', a condecoración máis elevada para os civís nos Estados Unidos. En [[1951]] foille entregado o título de [[Chevalier de la Legion d'Honneur]] (''Cabaleiro da lexión de honra'') polo goberno francés. En anos vindeiros, os presidentes [[Georges Pompidou|Pompidou]] e [[François Mitterrand|Mitterrand]] ascendérona a ''Oficial'' e, finalmente, a ''Comandante da lexión de honra''.
 
== A súa volta tras a guerra ==