Louis Lucien Bonaparte: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
{{ORDENAR:Bonaparte, Louis Lucien}}; arranxiños |
|||
Liña 1:
[[Ficheiro:Louis-Lucien Bonaparte.jpg|miniatura|dereita|200px|Louis Lucien Bonaparte.]]
'''Louis Lucien Bonaparte''', nado en [[Thorngrove, Worcestershire|Thorngrove]]
==Traxectoria==
Fillo de [[Lucien Bonaparte]] e sobriño de [[Napoleón I]
Dedicado ao estudo comparativo das linguas europeas, foi un dos primeiros filólogos que estudou as falas vivas con métodos rigorosos por medio da comparanza lingüística. Promoveu a tradución do ''[[Evanxeo de San Mateo]]'' ao galego, nunha época na que aínda comezaba a tradición literaria moderna do galego. Bonaparte considerou demasiado castelanizada a primeira versión, feita por [[Vicente Turnes]], e o encargo realizouno ao final [[José Sánchez de Santa María]], ao que lle puxo prólogo e publicou en [[1861]] en [[Londres]] co título de ''Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa''. Desgrazadamente a tradución e o limiar de Bonaparte pasaron desapercibidos na [[Galicia]] da época, a pesar de ser a primeira tradución ao galego moderno (de non ter en conta a ''Parábola do Fillo Pródigo'' aparecida en 1857 nun libro de Magín Pers i Ramona en Barcelona e de autor descoñecido, aínda que pola escasa calidade da tradución seguramente non galego). Encargou a Manuel Fernández de Castro a tradución do ''Evanxeo de San Mateo'' ao asturiano central.
O seu labor filolóxico tivo máis transcendencia no caso do [[éuscaro]]. Louis realizou cinco viaxes a [[Euskal Herria]] entre [[1856]] e [[1869]]. Froito do traballo de campo realizado e do labor dun bo número de colaboradores nativos foi a publicación de 33 escritos nos diversos dialectos do éuscaro ou relacionados con esa lingua, entre os que destacan ''Cartes des Sept Provincies Basques montrat la délimitation actuelle de l'Euskara et sa division en dialectes, sous-dialectes et varietés'' ([[1866]]) e ''Le verbe basque en tableaux'' ([[1869]]), exposición das formas verbais vascas en oito dialectos. Aínda hoxe a clasificación dialectal do vasco é a que el fixo, con algunhas modificacións.
Estudou tamén os dialectos ingleses, italianos, sardos e albaneses.
{{ORDENAR:Bonaparte, Louis Lucien}}
[[Categoría:Familia Bonaparte]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística
[[Categoría:Políticos de Francia
[[Categoría:Nados en 1813]]
[[Categoría:Finados en 1891]]
|