Prólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
mSen resumo de edición
Liña 16:
O prólogo sitúase entre un conxunto de textos iniciais da obra que se denomina habitualmente como '''liminares''' ou '''preliminares'''. Posúe un carácter máis literario que a '''[[introdución]]''', que é unha presentación do contido máis que do autor, e debe distinguirse claramente do '''prefacio''', ou escrito preliminar que expresa a intención dunha obra con anterioridade a que esta sexa escrita.
 
Hai que considerar aoo prólogo dentro do que [[Gerard Genette]] denomina [[paratexto]], isto é, calquera texto que se sitúa na periferia do texto literario: o [[título]], o subtítulo, a [[dedicatoria]], o [[lema]], o prólogo ou prólogos, o [[epílogo]] ou ultílogo ou ultimólogo, as notas, glosas ou [[escolio]]s á marxe ou ao pé, as sobrecubertas, as faixas, os capítulos refuxados, os borradores...
 
O prólogo ten unha gran importancia para a historia literaria, pois con frecuencia ofrece as claves críticas da interpretación da obra polo seu propio autor ou por alguén próximo a el. Só ata fai moi pouco empezou a ser estudado como xénero literario.