Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

m
O efecto estimulante orixinario era producido pola [[cocaína]], contida nas follas de coca, e pola [[cafeína]] das [[noz de cola|noces de cola]]. En [[1906]], a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata [[1929]]. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.
 
A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de [[vainilla]] natural. Así que cando, en [[1984]], para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de [[República Malgache|Madagascar]] derrumbouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.
 
=== Logotipo e envase ===
106.126

edicións