Cantiga de amigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
Na [[trobadorismo|lírica medieval galego-portuguesa]] unha '''cantiga de amigo''' é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha [[muller]] [[amor|namorada]]. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a [[palabra]] ''[[amigo]]'' no primeiro [[verso]] e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller quen fala nelas do seu amigo, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta [[literatura]] pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 [[cantiga]]s deste tipo<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas''. Galaxia, 1998, páxina 39 </ref>.
 
== CaracterísticazCaracterísticas ==
=== Orixe ===
Tense apuntado que as cantigas de amigo proceden dunha reelaboración culta da lírica popular anterior. En consecuencia, trataríase de textos de orixe autóctona, a partir do contacto da lírica pre-trovadoresca popular, xa reelaborada nas cortes, coa [[lírica cortesá]] [[occitana]] (a "[[cançó]]"). A primeira achega o "feminismo", o [[paralelismo]] e o [[refrán]] e a segunda o formalismo, o esteticismo e a [[amor cortés|cortesía]].