Carlos Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Comezou os estudos de percusión na súa cidade natal con Fernando Santos, rematando no Real Conservatorio Superior de [[Madrid]]cos profesores Martín Porrás, Enrique Llácer, Joan Iborra e Javier Benet. Vinculado co ensino en [[Vigo]] dende o ano [[1986]], actualmente é profesor de percusión do [[Conservatorio Superior de Música de Vigo]].
 
Colaborou no mundo da música sinfónica coa ONE, [[RTVE]], [[Xoven Orquestra de Galicia]], Orquestra de Cámara de Pontevedra, O. Clásica de Vigo, Banda do Rosal, Coro do Liceo de Vilagarcía; tamén co Grupo de percusión de Madrid, Grupo de metais Santa Cecilia, con [[Marcos Valcárcel G.]], Tomás Camacho e co Ensemble Techné.
Liña 10:
Na música folk forma parte actualmente do grupo [[Fía na Roca]], pero tamén colaborou con Cumbre (gañadores do concurso "Gente Joven"), [[DOA (grupo musical)|DOA]], [[Emilio Cao]], [[Uxía Senlle]], [[Mercedes Peón]], [[Urbano Cabrera]], [[Fuxan os ventos]], [[A Quenlla (grupo musical)|A Quenlla]], [[Na Lúa]], [[Cristina Pato]], [[Susana Seivane]], [[Rodrigo Romaní]], [[Xosé Manuel Budiño]], [[Cuchús Pimentel]], [[Emilio Rúa]], Óscar Ibañez, etc.
 
Tamén coa Orquestra da TVG (hoxe "Son da Televisión"), Meteoro, [[Ana Kiro]], [[Claudina e Alberto Gambino]], Suburbano, [[Rocío Dúrcal]], [[Siniestro Total]], [[Nacho Cano]] e co produtor e percusionista Tino di Geraldo para Miguel Campello (Elbicho).
 
Participou na banda sonora da película ''[[O camiño das estrelas]]'' de [[Chano Piñeiro]], así como nas producións do [[Centro Dramático Galego]] ''[[Almas Perdidas]]'', ''[[Yerma]]'' e ''[[A costa dos afogados]]'', na música do espectáculo ''Bicharada'' da compañía Berrobambán, "Nuncabunga" da compañía Elefante Elegante, e na do longametraxe ''[[Crebinsky]]'' de Enrique Otero.