Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
As illas, de orixe [[volcán]]ico, son parte da rexión natural da [[Macaronesia]] xunto cos arquipélagos de [[Cabo Verde]], [[Azores]], [[Madeira]] e [[Illas Salvaxes|Salvaxes]]. O seu clima é [[Clima subtropical|subtropical]], aínda que modificado pola altura e a [[vertente]] norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e [[Xeoloxía|xeolóxica]], xustifica a existencia en Canarias de catro [[parque nacional|parques nacionais]]<ref>[http://www.mma.es/portal/seccións/ Lista de parques nacionais de España] na web do [[Ministerio de Medio Ambiente de España|Ministerio de Medio Ambiente]].</ref> e que varias illas sexan [[reserva da biosfera|reservas da biosfera]] da [[UNESCO]].<ref>[http://www.unesco.org/mab/BRs/EurBRlist.shtml ] Lista de [[Reserva da Biosfera|Reservas da Biosfera]] en [[Europa]] e [[Norteamérica]] na páxina web da [[UNESCO]]. En inglés.</ref> Estes atractivos naturais, o bo clima e as [[praia]]s fan das illas un importante destino [[turismo|turístico]], sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11.986.059 en [[2007]], destacando un 29% de [[Gran Bretaña|británicos]], 22% españois peninsulares e un 21% [[Alemaña|alemáns]]).<ref>[http://www.gobiernodecanarias.org/istac/estadisticas/turismo/area_11a_frame.html Páxina web] do [[ISTAC]] sobre entrada de turistas en Canarias. </ref>
 
A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: [[Santa Cruz de Tenerife]] e [[As Palmas de Gran Canaria]]<ref>[http://www2.gobiernodecanarias.org/tuestatuto/principios_generales.html Estatuto de Autonomía de Canarias na páxina web do Goberno de Canarias]</ref>; a sede do Presidente do [[Goberno de Canarias|Goberno autónomicoautonómico]] alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O [[Parlamento de Canarias]] está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da [[Delegación do Goberno]] se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas.
 
== Historia ==