Substrato encimático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
En [[bioquímica]], un '''substrato''' é a [[molécula]] sobre a que actúa un [[encima]]. O encima [[catálise|cataliza]] unha [[reacción química]] na cal o substrato é modificado orixinando un produto. No caso de que na reacción interveña un só substrato, este únese a unha zona do encima chamada [[centro activo]], formando o [[complexo encima-substrato]], e alí terá lugar a reacción. O substrato transfórmase orixinando un ou máis produtos (xa que durante a reacción o substrato pode dividirse), os cales despois libéranse do centro activo. Deste modo, o centro activo queda libre para aceptar outra molécula do substrato e continuar actuando. No caso de que na reacción interveña máis dun substrato, estes deben entrar no centro activo e poden facelo nunha determinada orde, e despois reaccionan orixinando os produtos. O centro activo ten que ter unha forma similar á do substrato para que este poida entrar nel, e debe ter aminoácidos cos grupos químicos axeitados para provocar no substrato unha determinada reacción, que é a reacción característica dese encima. Existe unha especificidade encima-substrato, xa que o encima xeralmente só actúa sobre un só substrato determinado ou sobre varios substratos que son parecidos quimica e estruturalmente.
 
Un exemplo de reacción encimática é a formación da callada láctea por acción do encima dixestivo [[renninaquimosina]] ou rennina (non confundir coas quimocinas e a hormona renina) sobre o leite, o substrato do encima é a proteína láctea, fundamentalmente [[caseína]]. Os produtos son dous [[polipéptido]]s que se formaron pola clivaxe (corte) dun substrato peptídico máis longo. Outro exemplo é a descomposición química do [[peróxido de hidróxeno]] levada a cabo polo encima [[catalase]], na cal o substrato se converte en auga e gas osíxeno.
 
Unha reacción encimática pode esquematizarse así:
Liña 9:
onde E = encima, S = substrato(s), e P = producto(s).
Mentres que a unión do substrato co encima e a separación do produto son, en xeral, procesos [[reacción reversible|reversibles]], o paso intermedio, no cal ten lugar a reacción, pode ser irreversible (como no caso das reaccións comentadas da renninaquimosina e catalase) ou reversible (como por exemplo en moitas reaccións da [[glicólise]]).
 
Ao incrementar a concentración de substrato, increméntase a velocidade da reacción debido á probabilidade de que aumente o número de complexos encima-substrato formados; isto ocorre ata que a concentración do encima se converte nun factor limitante, xa que a altas concentracións de substrato o encima está saturado e non pode aumentar a velocidade da reacción.