Espectrograma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido de ca:Espectrograma
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2012 ás 01:23


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Un espectrograma é o resultado de calcular o espectro de frecuencias de tramas enventanadas dunha sinal analóxica de son. Resulta unha gráfica tridimensional que representa a enerxía do contido frecuencial da sinal segundo vai variando esta ao longo do tempo. Obtense a través do espectrómetro.

Espectrograma das sete vogais da lingua galega.
Espectrograma da oración en checo Strč prst skrz krk ("Insire o dedo pola da gorxa"), que carece de vogais.
Espectrograma do son dun violín. As liñas brillantes da parte baixa son os formantes de cada nota, e as outras liñas brillantes próximas son os sobretóns harmónicos; en conxunto forman o espectro de frecuencias.

Aplicacións

É usada para identificar sons fonéticos e procesos da fala. Poden servir para axudar a corrixir trastornos da linguaxe e para axudar a aprender a falar a persoas xordas.

Dentro do campo artístico, foi usado na música electrónica, para crear unha sinal acústica a partir dun espectrograma feito cunha imaxe deseñada ou arbitraria. Tamén serve para modificar a intensidade de diferentes frecuencias ou crear novos sons musicais a partir doutros xa existentes.

É usado en sistemas de detección como o radar e o sonar.

Algúns espectrogramas analóxicos foron aplicados no estudo do canto dos paxaros e doutras especies para estudar a modulación de frecuencia da comunicación animal.