Fase escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
O sistema tiorredoxina/ferredoxina activa os encimas glieraldehido 3-P deshidroxenase, gliceraldehido 3-P fosfatase, frutosa 1,6-difosfatase, sedoheptulosa 1,7-difosfatase, e ribulosa 5-fosfato quinase, que son puntos chaves na fase escura. Isto ocorre cando hai luz, xa que a proteína [[ferredoxina]] é reducida no complexo do [[fotosistema I]] da cadea de transporte electrónico tilacoidal cando os electróns están circulando por ela. <ref>{{cite journal | author = Besse, I and Buchanan, B | title = Thioredoxin-linked animal and plant processes: the new generation | journal = [[Bot. Bull. Acad. Sin]] | year = 1997 | volume = 38 | pages = 1–11 }}</ref> A ferredoxina despois únese á proteína [[tiorredoxina]] e redúcea, a cal activa os encimas do ciclo ao romper os enlaces [[cistina]] ([[ponte disulfuro|pontes disulfuro]]) que hai en todos eses encimas. Este é un proceso dinámico, xa que o mesmo enlace fórmase de novo pola acción doutras proteínas que desactivan os encimas. As implicacións deste proceso son que os encimas permanecen principalmente activados polo día e son desactivados na escuridade, cando xa non se dispón de ferredoxina reducida.
 
O encima [[rubisco]] ten o seu propio proceso de activación, que é máis complexo. Para activar o encima cómpre que sexa carbamilado un residuo específico de [[lisina]]. Esta lisina carbamilada únese á [[ribulosa 1,5-bifosfato]], e o encima está en estado inactivo se non está carbamilada. Un encima específico de tipo activase, chamado [[rubisco activase]], intervén neste proceso de carbamilación eliminando un protón da lisina e facendo posible a unión da molécula de [[dióxido de carbono]] (o [[substrato encimático|substrato]]). Mesmo así, o encima rubisco non é aínda funcional, xa que precisa o ión magnesio para unirse á lisina e poder funcionar. Este ión magnesio é liberado do [[lume (bioloxía)|lume]] do [[tilacoide]] cando o [[pH]] interno cae debido ao bombeo activo de protóns durante o fluxo de electróns. O encima [[rubisco activase]] é activado cando se incrementan as concentracións de [[adenosín trifosfato|ATP]] no estroma causadas pola súa [[fosforilación]].
 
==Notas==