Substrato encimático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
 
Cómpre salientar que os substratos que poden actuar cun encima nos experimentos ''[[in vitro]]'' poden non ser necesariamente os substratos fisiolóxicos endóxenos dese encima ''[[in vivo]]''. É dicir, os encimas non necesariamente levan a cabo no corpo todas as reaccións que son posibles no laboratorio. Por exemplo, a [[ácido graxo amida hidrolase]] (FAAH) pode [[hidrólise|hidrolizar]] os endocannabinoides [[2-araquidonoilglicerol]] (2-AG) e [[anandamida]] en grao comparable ''in vitro'', pero ''in vivo'' o bloqueo xenético ou farmacolóxico da FAAH eleva a cantidade de anandamida pero non a de 2-AG, o que suxire que o 2-AG non é un substrato endóxeno ''in vivo'' da FAAH.<ref>Cravatt BF, Demarest K, Patricelli MP, Bracey MH, Giang DK, Martin BR, Lichtman AH. (2001) Supersensitivity to anandamide and enhanced endogenous cannabinoid signaling in mice lacking fatty acid amide hydrolase. Proc. Natl. Acad. Sci. USA. 98(16):9371-9376.</ref> Outro exemplo, observouse que a cantidade de ''N''-acil taurinas (NATs) se incrementa drasticamente en animais que non teñen actividade de FAAH, pero, en realidae, estas substancias ''in vitro'' son uns substratos moi pobres para a FAAH.<ref>Saghatelian A, Trauger SA, Want EJ, Hawkins EG, Siuzdak G, and Cravatt BF. (2004) Assignment of endogenous substrates to enzymes by global metabolite profiling. Biochemistry. 43(45):14332-14339.</ref>
 
==Substrato en química==
En [[química]] o termo substrato ten un significado máis amplo. Un substrato é unha [[especie química]] que é obxecto da acción doutros [[reactivo]]s. Por exemplo, un [[composto]] en cuxa transformación intervén un [[catalizador]].<ref>IUPAC Compendium of Chemical Terminology, Electronic version, [http://goldbook.iupac.org/S06082.html http://goldbook.iupac.org/S06082.html]</ref>
 
 
==Notas==