Comunidade científica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Características: está ao lado do verbo conxugado
Liña 8:
A ''membresía'' (ou conxunto dos membros) das asociacións presentes dentro de cada subcomunidade é, xeralmente, en función da [[educación]], situación [[Traballo (socioloxía)|laboral]] e afiliación [[institución|institucional]]. [[Socioloxía da ciencia|Sociólogos da ciencia]] que estudaron comunidades científicas a miudo acharon que o [[sexo]], a [[raza]] e a [[clase social]] puideron ser, ás veces, factores influentes para o ingreso.
 
Histórica e actualmente os científicos usaron variados métodos para determinar quen pertence ou non á comunidade científica, o cal xeralmente se require para determinar que campos de investigación poden ser marcados como "ciencia". Algúns campos de coñecemento que aparentan serenser científicos son xulgados como fóra das normas da comunidade científica, e por iso son marcados como "[[pseudociencia]]".
 
O [[método científico]] implicitamente require a existencia da comunidade científica, onde se levan a cabo os imprescindíbeis procesos de revisión por pares e [[reproducibilidade]]. A posición de [[Hume]] (''o [[criterio da verdade]]'') fronte a [[Kant]] sentara as bases para formulacións loxicistas, historicistas, estruturalistas, entre outros, no interior da [[filosofía da ciencia]].