Pepe Miñones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista ''[[Nerio (revista)|Nerio]]'' (1920), na Coruña o semanario ''[[Región Gallega]]'' (1924) e ''[[Finis Terre]]'', e foi propietario do xornal ''[[La Provincia (Úbeda)|La Provincia]]'' de [[Úbeda]] (1928)<ref>[http://www.vbeda.com/provi/ Diario La Provincia de Úbeda]</ref>. Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do [[Partido Republicano Radical]], foi elixido deputado pola [[provincia da Coruña]] nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]]. Seguidor de [[Diego Martínez Barrio|Martínez Barrio]], pasou con el ao [[Partido Radical Demócrata]] e despois a [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]]. Volveu ser elixido deputado nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]] nas candidaturas do [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], pola mesma circunscrición.
 
Ao iniciarse a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido polos sublevados na [[A Coruña|Coruña]], encarcerado, condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Foi fusilado no [[Campo da Rata]] o [[2 de decembro]] de [[1936]].