Juan Arza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
}}
'''Juan Arza Iñigo''', nado o [[12 de xuño]] de [[1923]] en [[Estella]] ([[Navarra]]) e finado o [[7 de xullo]] de [[2011]] en [[Sevilla]], foi un [[futbolista]] e [[adestrador]] de fútbol [[España|español]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|dianteiro]] e foi internacional coa [[Selección de fútbol de España|selección española]].
 
==Traxectoria==
===Como xogador===
Comeza a xogar no equipo amateur ''La Bomba'', pasando despois á ''Acción Católica'' e ao ''CD Izarra''
 
Tras pasar polo [[Deportivo Alavés]] e o [[CD Málaga]] en [[1943]] ficha polo [[Sevilla FC]] por un prezo de 90.000 pesetas, a fichaxe máis cara da historia do club, polo que foi alcumado ''O neno de ouro''.
 
Xogou no equipo sevillano 16 tempadas en [[Primeira División Española|Primeira División]], disputando 349 encontros e marcando 182 goles.
 
===Como adestrador===
A súa carreira como adestrador tamén está moi ligada ao Sevilla, a quen dirixiu en varias etapas, pero tamén adestrou a outros equipos, como por exemplo ao [[Celta de Vigo]] con quen chegou a xogar a [[Copa da UEFA]].
 
Juan Arza chegou ao Celta na tempada 1969–70 para suplir a [[Roque Olsen]], facendo bo papel nos sete encontros que faltaban para o remate da tempada, o que lle valeu a permanencia ao club.
 
A segunda tempada de Arza no Celta foi espectacular, xa que o equipo pasou de loitar polo descenso a clasificarse para disputar a Copa da UEFA, convertíndose así no primeiro equipo galego en conseguilo, cun final de gran final de tempada gañandolle a [[Real Madrid]] e [[Sevilla FC]] por 2-0. En ese equipo destacaban xogadores como: Rodilla, Hidalgo, [[Gabriel Lezcano]], Almagro, Rivera o Pedrito, entre outros moitos.
 
Na tempada 1971–72 o equipo volve ter problemas para manter a categoría e na que quedou eliminado na primeira ronda da Copa da UEFA ante o [[Aberdeen]] [[Escocia|escocés]]. Ao final de tempada foi traspasado ao [[Sevilla FC]] por tres millóns de pesetas. Foi substituido por [[Pedro Dellacha]], que viña de levar a [[CA Independiente]] á final da [[Copa Intercontinental]]
 
Porén voltaria a Vigo na tempada 1973–74, aínda que ao final da mesma deixariao outra vez para adestrar a [[Cádiz CF]] e [[Deportivo da Coruña]] e volver a Vigo en [[1980]] e tentar salvar ao equipo do descenso a [[Segunda División B]], obxectivo que non acadaría e ao final de ano descendería xunto a [[Gimnàstic de Tarragona]], [[CD Algeciras]] e [[Deportivo da Coruña]].
 
Despois dese ano Juan Arza retirouse dos banquiños.
 
==Véxase tamén==