Era cuaternaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: vi:Kỷ Đệ tứ
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 3:
A '''Era Cuaternaria''', ou '''Cuaternario''', é unha [[era xeolóxica]] que se extende desde o final da [[Era Terciaria]], é dicir, hai 1,64 millóns de anos, ata os nosos días. Coñécese esta era tamén como '''Antropozoica''' (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os [[homínido]]s.
 
O Cuaternario divídese en dous períodos, [[Plistoceno]] e [[Holoceno]]. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un '''[[sistema xeolóxico]]''' (xunto co [[Terciario]]), dentro da [[Cenozoico|Era ZenozoicaCenozoica]].
 
Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da [[Terra]], durante as [[glaciación]]s que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de [[Eurasia]] e [[América]] estaban cubertas cunha gran capa de [[xeo]]. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia [[Europa central]]) co nome dos afluentes do [[Danubio]] onde se determinaron as primeiras observacións: [[Glaciación de Günz]], [[Glaciación de Mindel]], [[Glaciación de Riss]] e [[Glaciación de Würm]].