Bidueiro pubescente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
| species = '''B. pubescens'''
| binomial = Betula pubescens
| binomial_authority = [[Jakob Friedrich Ehrhart|Ehrh.]],  [[1791]]
| synonyms =
* ''Betula callosa'' Notö,
* ''Betula carpatica'' Willd.,
* ''Betula glutinosa'' auct.;
* ''Betula concinna'' Gunnarsson,
* ''Betula coriacea'' Gunnarsson,
* ''Betula odorata'' Bechst.,
* ''Betula pubescens ssp. suecica'' Gunnarsson (ssp. pubescens);
* ''Betula czerepanovii'' N. I. Orlova,
* ''Betula pubescens ssp. tortuosa'' auct.,
* ''Betula tortuosa'' auct. (ssp. czerepanovii)
* ''Betula alba''
}}
 
O '''bidueiro pubescente''' ou simplemente '''bidueiro''' ou '''bido''' ('''''Betula pubescens''''' Ehrh.) é unha [[árbore]] evelta e caducifolia do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] '''''[[Betula]]''''', da familia das [[betulácea]]s que medra nas zonas húmidas. Caracterízaa a casa abrancazada do toro. Común en Galicia.
 
É unha árbore de folla caduca, alterna, peciolada, de forma romboidea e marxe dentado. O tronco é de superficie lisa e branqueciña.
 
== Etimoloxía ==
Liña 24 ⟶ 34:
 
Ademais existen numerosas variantes dialectais: albelo, bedugo, bedulo, bídalo, bido, budio, abedugo, bideiro e bidro.
 
== Características ==
[[Ficheiro:Betual pubescens Blatt.jpg|thumb|left|Detalle da folla.]]
Árbore [[caducifolio|caducifolia]] que acada os 10-30 [[m]] de altura, cunha copa de uns 70 cm de [[diámetro]], cuxas [[folla]]s presentan unha cor abrancazada por mor ao [[indumento]] que portan, o que dota de dita cor á árbore enteira. Ditas follas son ovadas, co [[ápice]] agudo, acuminadas, de 2 a 5 cm de lonxitude e de 1,5 a 4,5 de largo, coa marxe finamente serrada. As flores, en forma de amentos, chamods candeas, xurden na primavera, antes de que a árbore recupere as follas. Os froitos son agregados péndulos, cilíndricos, de 1 a 4 cm de lonxitude e de 5 a 7 de diámetro; ditas infrutescencias son [[dehiscente]]s coa madureza, dando lugar a sementes miúdas (de 2 mm) dobremente alíferas ([[Sámara (froito)|disámaras]]).
 
== Caracteres identificativos ==
[[Ficheiro:Betula pubescens knospe.jpeg|thumb|left|Detalle das xemas ou botóns.]]
A diferenza do bidueiro branco ''[[Betula pendula]]'', o bidueiro pubescente, posúe rebentos lisos, e é máis liso e posúe menos indumento que aquel. Ademais, a serradura da marxe é máis constante e leve. En canto á [[xenética]], existen diferenzas taxativas: o bidueiro branco ''B. pendula'' é [[diploide]], mentres que o ''B. pubescens'' é [[tetraploide]]. Respecto das súas características [[ecoloxía|ecolóxicas]], este bidueiro prefire terreos pouco drenados, moi saturados da auga, a diferenza, de novo, co ''B. pendula'', que require unha maior sequidade.
 
== Distribución e hábitat==
O bidueiro é a [[Magnoliophyta|anxiosperma]] de porte arbóreo de distribución máis setentrional. As poboacións subárticas non desfrutan do porte descrito en seccións anteriores, senón que posúen un perfil máis achaparrado ou repoludo, máis apto contra as [[cifra]]s e para resistir o peso da [[neve]]. Hai autores que separan aos individuos pertencentes a estas subpoboacións na subespecie ''Betula pubescens'' subsp. ''tortuosa'', o bidueiro ártico; as súas características definitorias, ademais da distribución islandesa e groenlandesa, corresponderían a un talle menor, de 5 a 6 m.
Na [[Península Ibérica]] é frecuente no [[Cordal Cantábrica]], [[Sistema Ibérico]], [[Sistema Central]]. Nestas serras mestúrase frecuentemente con [[acivro]]s e [[capudre]]s (''[[Sorbus aucuparia]]''). Nos clareiros dos bidueirais medra gran cantidade de [[xanzá]] (''[[Gentiana lutea]]'') que se aproveita, así coma uces brancas, extensos tapices de [[arandeira]]s e [[xesta]]s. En Galicia é frecuente en todo o territorio, mesturándose entre as especies das [[fraga (botánica)|fragas]] ou formando bidueirais. No sur do país é unha das especies de [[bosque de ribeira|ribeira]]. Non ten grandes esixencias de solo polo que soe aproveitar terreos degradados por lumes, medrando incluso nos noiros das autoestradas.
 
== Usos ==
[[Ficheiro:StammMoorbirke.jpg|miniatura|250px|Tronco]]
A súa madeira, dura e resistente, úsase para carpintaría e foi tradicionalmente utilizada polos [[zoqueiro]]s (que partían pola metade un toro e de cada metade facían un [[zoco]]). Tamén se utilizou para a construción de cubertas, cascos de canoas e para a elaboración de diferentes recipientes. Naturalmente, tamén se aproveita como combustiblecombustíbel nas cociñas de leña, pola súa facilidade para arder.
 
Da súa casca, branda, pódese obter aceite que se emprega en [[medicina]].