José María de Pereda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{enuso}} '''José María de Pereda y Sánchez Porrúa''' (Polanco, Cantabria, 6 de febreiro de 1833 - Santander, 1 de marzo de 1906) foi un novelista espa...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
'''José María de Pereda y Sánchez Porrúa''' ([[Polanco]], [[Cantabria]], [[6 de febreiro]] de [[1833]] - [[Santander]], [[1 de marzo]] de [[1906]]) foi un novelista español.
[[Image:JMPereda.jpg|thumb|José María de Pereda]]
 
Fillo de Juan Francisco de Pereda e Bárbara Josefa Sánchez Porrúa, (naturais, respectivamente, de Polanco e de [[Comillas]]), que casaron moi novso, de forma que chegaron a ter 22 fillos, aínda que só nove chegaron á mocidade. Inicialmente viviron da agricultura e da gandería na súa localidade natal, onde o autor cursou estudos de primaria, ata que se trasladan en 1843 á capital da provincia, Santander. Alí estuda bacharelato no Instituto Cántabro.
 
Terminados os estudos, no outono de 1852 trasladouse a [[Madrid]] con intención de cursar estudos preparatorios para o ingreso na Academia de Artillería de [[Segovia]], permaceu dous en Madrid pero a falta de interese polas [[matemática]]s, fundamentais para entrar en artillería, decidírono a desistir de entrar no exército, levando unha vida bohemia. Testemuña da [[Revolución de 1854]], a Vicalvarada, escribiu nese ano a comedia inédita ''La fortuna en un sombrero'' (1854). Volveu a Santander e en 1855 faleceu a súa nai deixándoo nunha profunda crise, complicándose por contraer o cólera a fin de ano, por consello dun irmán maior marchou a [[Andalucía]], onde permaneceu o inverno de 1857. A Santander voltou totalmente restablecido das súas doenzas e o 28 de febreiro de 1858 apareceu o seu primeiro escrito, ''La gramática del amor'' na revista santanderina ''La Abeja Montañesa'', na cal seguiu colaborando ao tempo que cuns amigos fundaba a revista satírica ''El Tío Cayetano'', probou sorte co teatro con pezas como ''Tanto tienes, tanto vales'' (1861); ''Palos en seco'' (1861), ''Marchar con el siglo'' (1863) comedias de caracter moralista e satírico e as zarzuelas ''Mundo, amor y vanidad'' (1863) e ''Terrones y pergaminos'' (1866), que tiveron un relativo éxito localmente inda que a súa calidade literaria era ben discutible, as obras publicounas Pereda en 1869 no volume ''Ensayos dramáticos'' que distribuiu entre as amizades. En 1864 publicou ''Escenas montañesas'' e pasou un ano en [[París]]. Conmocianado pola Revolución de 1868, Pereda de ideoloxía tradicionalista resucitou ''El Tío Cayetano'' en novembro de 1868 e presentouse como candidato [[carlismo|carlista]] no distrito de [[Cabuérniga]] en 1871 gañando o escano. Nese ano de 1871 publicou ''Tipos y paisajes'' e conñeceu a [[Benito Pérez Galdós]] con quen fixo perdurable amizade, pouco despois coñeceu a [[Ramón Menéndez Pelayo]] quen o estimulou para voltar á literatura publicando en 1876 ''Bocetos al temple'', volume onde recolleu tres novelas breves, e colaborando na revista ''La Tertulia'' en artigos que recolleu no libro ''Tipos trashumantes'' (1877). En 1878 publicou a súa primeira novela longa, ''El buey suelto'' seguida por ''Don Gonzalo González de la Gonzalera'' (1879) e ''De tal palo tal astilla'' (1880). A partir de 1881 con ''El sabor de la tierruca'' comezou unha nova etapa literaria menos condicionada pola súa ideoloxía e centrada no marco montañes, coa excepción de ''Pedro González'' (1883) que centra a súa acción en Madrid e que foi moi ben acollida pola crítica que o levou a visitar Madrid, Valencia e Barcelona, onde coñece a [[Narcís Oller]]. En 1885 escribiu ''Sotileza'', unha das súas obras máis coñecidas e que tivo un éxito de crítica e público rotundo, Pereda viaxou a [[Portugal]] de incógnico con Galdós, á volta regresando por [[Galicia]]. ''La Puchera'' (1889), ''Nubes de estío'' (1891), ''Al primer vuelo'' (1891) seguiron o estilo da novela montañesa. En 1892 presentouse como candidato a senador polas Sociedades Económicas de León desde posicións rexionalistas conservadoras. Defensor da literatura catalá participou nos XXXIV Xogos Florais en 1892. En 1893 morría o seu fillo e sumido nunha profunda crise parou na escrita da que ía ser unha das súas obras máis significativas, ''Peñas arriba'' publicada en 1895.
[[Category:Escritores en lingua castelá]]
[[en:José María de Pereda]]
[[es:José María de Pereda]]