Cerámica castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m con unha > cunha
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Desenhos_ceramica_cividade_Arthur_Cruz.jpg|355px|miniatura|dereita|Debuxos cerámicos en [[Cividade de Terroso|Terroso]]]]
A '''[[cerámica]] castrexa''' facíase á man ou a [[Torno de oleiro|torno]] ou roda, aínda que predomina a feita á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis puidas, dando ás veces a sensación de levaren un lixeiro [[engobe]] de cor cinza ou case negro. Un dos aspectos máis representativos é o gran contido de [[mica]] como elemento desengraxante.
 
Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten cunha ou máis asas, e que teñan os bordos exvasados e planos e os pés ou fondo sen realzar, aínda que deste último tipo exista algunha excepción singular.