Max Beckmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: stq:Max Carl Friedrich Beckmann; cambios estética
Liña 1:
'''Max Beckmann''', nado en [[Leipzig]] o [[12 de febreiro]] de [[1884]] e finado o [[28 de decembro]] de [[1950]], foi un pintor, gravador, escultor e gravador [[Alemaña|alemán]], considerado un artista [[xpresionismo|expresionista]], aínda que rexeitou sempre tanto o termo como o movemento<ref>[http://web.grinnell.edu/art/gexp/essays/beckmann.html Max Beckmann]</ref>. Na década de 1920 estivo relacionado co movemento da [[Nova Obxectividade]] ''(Neue Sachlichkeit''), saído do expresionismo pero que se opuxo ó emocionalismo introvertido.
 
== Traxectoria ==
Naceu dentro dunha familia de clase media. As súas traumáticas experiencias durante a [[Primeira Guerra Mundial]], na cal serviu como médico, coincidiron coa dramática transformación do seu estilo desde o academicismo máis correcto á distorsión tanto da figura como do espazo, reflectindo a súa alterada visión de si mesmo e da humanidade.<ref>Schulz-Hoffmann and Weiss, ''Max Beckmann: Retrospective.'' Munich: Prestel. ISBN 0-393-01937-3, 1984, p.69.</ref>
 
Beckmann é coñecido polos seus [[autorretrato]]s que pintou ó longo da súa vida, o seu número e intensidade rivalizaron só cos de [[Rembrandt]] e [[Pablo Picasso]]. Na [[República de Weimar]] dos anos vinte, Beckmann gozou de grande éxito e recoñecemento oficial. En 1927 recibiu premios e a Galería Nacional de Berlín mercou varias das súas obras.<ref>Rainbird, 2003, p. 272.</ref> En 1925 seleccionárono para dar clases maxistrais na escola de arte do [[Städel]] en [[Frankfurt]]. De entre os seus estudantes máis famosos destacan [[Theo Garve]], [[Leo Maillet]] e [[Marie-Louise von Motesiczky]].
 
Coa chegada de [[Adolf Hitler]] ó poder a situación cambiou, considerando unha pexa a [[arte moderna]] e mesmo chegando á súa supresión. En 1933 o goberno nazi denominou a Beckmann "bolxevique cultural"<ref>[http://spaightwoodgalleries.com/Pages/Beckmann.html Beckmann]</ref> e cesouno como profesor da escola de arte de Frankfurt. En 1937 o goberno confiscou máis de 500 das súas obras, moitas delas apareceron na exhibición de [[arte dexenerada]] que se montou en [[Múnic]].<ref>Rainbird, 2003, p. 274.</ref> Durante dez anos, Beckmann viviu na pobreza nun autoimposto exilio en [[Amsterdam]], intentando, sen éxito, emigrar ós Estados Unidos. Os cadros do seu estudio en Amsterdam foron mesmo máis poderosos e intensos que os dos seus anos en Alemaña, e incluín varios [[tríptico]]s, que constitúen o mellor exemplo da arte de Beckmann.
 
Despois da guerra, Beckmann marchou aos Estados Unidos, e durante os últimos tres anos da súa vida ensinou nas escolas de arte da [[Universidade Washington en San Luís]] e do [[Brooklyn Museum]]. Afectado por unha [[anxina de peito]] morreu dun ataque ó corazón en [[Manhattan]].<ref>Rainbird, 2003, p. 283.</ref>
 
== Temas e técnicas ==
Desde os seus comezos na [[fin de siècle]] os traballos de Beckmann reflicten os cambios que se estaban a producir tanto na arte como na historia, moitas das súas pinturas expresan a agonía de Europa na primeira metade do século XX. Algúns dos seus traballos refírense ó glamour decadente da cultura do cabaret da República de Weimar, pero a partir da década dos trinta, a súa obra con frecuencia contén referencias mitificadas ás brutalidades dos nazis. Detrás desas situacións inmediatas, os seus personaxes e símbolos asumen un significado máis profundo, dando voz a temas universais: o terror, a redención, as miserias da eternidade e o destino.
 
Ó contrario que moitos dos seus contemporáneos de avant-garde, Beckmann rexeitou a [[arte abstracta]]; pola contra, el asumiu a tradición da pintura figurativa. Admirador de [[Cezanne]] pero tamén de [[Van Gogh]], [[William Blake|Blake]], [[Rembrandt]], [[Peter Paul Rubens|Rubens]] e os artistas do norte de Europa da final da [[idade media]] e o comezo do [[renacemento]] como [[Hieronymus Bosch|Bosch]], [[Brueghel]] e [[Matthias Grünewald]]. Axuntado retrato, paisaxe, vida, mitoloxía e o fantástico, el creou unha versión moi persoal do [[modernismo]], combinándoa coa plasticidade tradicional. Beckmann reinventou o [[tríptico]] e reconverteu o [[arquetipo]] da [[pintura medieval]] nun espello onde mirar a humanidade contemporánea.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* von Erffa, Hans Martin (ed.): Göpel, Barbara und Erhard (1976). ''Max Beckmann : Katalog der Gemälde.'' (2 vls) Bern.
* Hofmaier, James (1990). ''Max Beckmann: Catalogue raisonné of his Prints.'' (2 vls) Bern.
* von Wiese, Stephan (1978). ''Max Beckmann : Das zeichnerische Werk 1903 – 1925.'' Düsseldorf.
* [[Stephan Reimertz|Reimertz, Stephan]] (2003). ''Max Beckmann: Biography''. Munich.
* Belting, Hans (1989). ''Max Beckmann: Tradition as a Problem of Modern Art.'' Preface by Peter Selz. New York.
* Lackner, Stephan (1969). ''Max Beckmann : Memoirs of a Friendship.'' Coral Gables.
* Lackner, Stephan (1977). ''Max Beckmann''. New York.
Liña 32:
* Selz, Peter (1964). ''Max Beckmann''. New York.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aaa.si.edu/collections/max-beckmann-papers-8879 Papeis de Max Beckmann, 1904-1974] dende o [[Smithsonian Institution]] Art Arquives of American {{en}}.
 
{{ORDENAR:Beckmann, Max}}
 
[[Categoría:Pintores de Alemaña]]
[[Categoría:Nados en 1884]]
Liña 63 ⟶ 64:
[[sk:Max Beckmann]]
[[sr:Макс Бекман]]
[[stq:Max Carl Friedrich Beckmann]]
[[sv:Max Beckmann]]
[[tg:Макс Бекманн]]