Soundgarden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 61:
 
''[[Telephantasm|Telephantasm: A Retrospective]]'', un novo recompilatorio de Soundgarden, foi empaquetado cos primeiros envíos do videoxogo ''Guitar Hero: Warriors of Rock'' e publicado o [[28 de setembro]] do [[2010]]. Esta era a primeira vez que un CD de música de venda ao por menor era empaquetado cun videoxogo, e fíxose unha semana antes de que o mesmo CD estivese dispoñible nas tendas, o día [[5 de outubro]]. Editouse tamén unha versión extendida de ''Telephantasm'' formada por 2 CDs e 1 DVD. Unha canción da banda non editada anteriormente, "Black Rain", estreouse no ''Guitar Hero'' e aparece no recompilatorio, e puido escoitarse nas radios a partir do [[10 de agosto]], converténdose no primeiro sinxelo da banda dende [[1997]]. O traballo acadou o estatus de disco de platino despois do seu primeiro día de vendas.
 
No mes de novembro do [[2010]] Soundgarden foi o segundo convidado musical no programa ''Conan'', sendo a súa primeira aparición en televisión en 13 anos. Ese mes tamén editaron o vinio de 7" "The Telephantasm" para o Black Friday Record Store Day. En marzo do [[2011]] a banda publicou o seu rimeiro álbum ao vivo, ''[[Live on I-5]]''.
 
==Discografía==