Río Rubicón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: vi:Sông Rubicon
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20:
 
== Historia ==
O río tivo importancia porque a lei romana prohibía a calquera xeneral cruzalo con un exército. Era considerado o límite entre a provincia romana da [[Galia Cisalpina]] (''Gallia Cisalpina'') e a Umbría e, en consecuencia, a fronteira setentrional de Italia. Coa prohibición, a lei tentaba protexer a república romana dunha ameaza militar interna. Ao estalar a guerra civil entre [[Caio Xulio César]] e [[Cneo Pompeio Magno]], a Galia Cisalpina quedou baixo o control de Cesar, e polo tanto co Rubicón como límite. Ao cruzar César o río, de feito estalou a guerra ([[-49|49 a.C.]]). O feito aconteceu o [[10 de xaneiro]], e supuxo quebrantar a lei. Na beira das augas César meditou se atravesaría o leito do Rubicón e marcharía sobre [[Rímini]], segundo relatan [[Suetonio]], [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] e máis Lucano. "Cruzar o Rubicón" tornouse un modo proverbial de dicir que se comeza algo novo e difícil, e que se rompe con o pasado (sen volta atrás). Segundo Suetonio, Xulio César pronunciou unha frase "a sorte está botada!", en latín ''[[alea jacta est!]]'', que se adoita usar no idioma orixinal, para significar o mesmo. Suetonio tamén describiu a indecisión de César consonte se achegaba ao río, que o autor atribúe ao feito dunha aparición sobrenatural.
 
== Confusións ==