Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 6:
Naceu en [[Arpino]], unha localidade do sur do [[Lazio]], ó redor do ano [[-157|157 a.C.]], dentro dunha familia acomodada. A cidade fora conquistada por [[Roma]] a finais do século IV a.C., e se lle concedera a cidadanía romana sen dereito a voto. Foi no ano [[-188|188 a.C.]] cando acadou a cidadanía romana completa.
 
Malia que [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] afirma que o pai de Mario era un traballador que levaba coas súas propias mans unha granxa cativa, isto pode ser falso, pois era cotiá esaxerar a pobreza dos "homes novos" (nome que recibían os cidadáns romanos sen ascendencia dentro das principais familias). O feito de que Mario tivese algunha conexión coa nobreza de Roma e que tivese ligazóns matrimoniais coa nobreza local de [[Arpino]] indica que tiña que pertencer a unha familia cunha certa importancia dentro da clase ecuestre. Os problemas que tivo que afrontar na súa carreira política amosan as dificultados coas que se atopaba un "home novo".
 
Existe unha lenda sobre a infancia de Mario que conta que, cando aínda era un adolescente, atopou un niño dunha [[aguia]] con sete pitiños no seu interior. Posto que as aguias considerábanse animais sagrados de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], o deus supremo do romanos, isto foi considerado a posteriori como un presaxio que predicía a súa elección como [[cónsul romano|cónsul]] sete veces. Mais tarde, como cónsul, decretou que a aguia fose o símbolo do [[SPQR|senado e o pobo de Roma]].