Mileto, Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Map of Lydia ancient times.jpg|miniatura|Mapa de Mileto e outras cidades de Anatolia durante o imperio [[Reino de Lidia|lidio]].]]
'''Mileto''' (Μίλητος) foi unha cidade de [[Xonia]], a principal da rexión. Estaba situada no extremo norte dunha península que ao suroeste formaba o [[golfo Látmico]] co monte Grión. A cidade estaba na ribeira do [[río Meandro]], preto da desembocadura.
 
Liña 20:
Gobernada inicialmente por [[tirano]]s ou [[déspota]]s, despois estableceuse outro tipo de goberno con dúas faccións, unha oligárquica e unha democrática, en que a primeira predominou pero nalgúns momentos houbo loitas civís e, nun enfrontamento entre ricos e pobres, producíronse escenas de gran crueldade. [[Herodoto]] menciona unha guerra civil en Mileto que durou moito (dúas xeracións) e que levou unha grande desgraza á cidade e empobreceu ao pobo e que se acabou cando os persas se impuxeron como mediadores.
 
O rei [[lidio]] [[Ardis]] probou de someter a cidade sen éxito. [[Sadiates]] case dá feito despois de derrotar aos milesios en dúas batallas, pero, cando morreu, aínda non estaba acabada a guerra, que seguiu baixo o seu sucesor [[Aliates]], que fixo a paz coa cidade ao caer enfermo, cousa que se atribuíu ao saqueo dun templo (o templo de Atenea no territorio de Mileto). Neste tempo a cidade quedou gobernada por un tirano de nome [[Trasíbulo de Mileto|Trasíbulo]], amigo de [[Periandro de Corinto]] e entón fixo un tratado con [[Creso]] de [[Reino de Lidia|Lidia]], ao que recoñeceu como soberano e pagou imposto, non se sabe se voluntariamente ou pola forza militar de Creso.
 
Cando Lidia foi conquistada por [[Persia]], o rei dos persas subrogou a posición do rei de Lidia. Foi entón cando os persas actuaron de mediadores entre as faccións "plutos" e "quirómaca", o [[-525]], establecendo unha tiranía baixo soberanía persa.