Cabra montesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoio (conversa | contribucións)
varios arranxos
Liña 4:
| image = Capra pyrenaica.jpg
| image_width = 240px
| regnum = ''[[Animal]]ia''
| phylum = ''[[Chordata]]''
| classissubphylum = ''[[MammaliaVertebrata]]''
| ordoclassis = ''[[ArtiodactylaMammalia]]''
| familiaordo = ''[[BovidaeArtiodactyla]]''
| familia = ''[[Bovidae]]''
| genus = [[Capra]]
| species = '''C. pyrenaica'''
Liña 20 ⟶ 21:
* ''[[Capra pyrenaica victoriae|C. pyrenaica victoriae]]''
| range_map=Dist Hirco GZ.svg
| range_map_caption = Distribución da ''Capra pyrenaica victoriae''
}}
A '''cabra montesa''' ou '''hirco''' (''Capra pyrenaica'') é unha das [[especie]]s de [[bóvido]]s do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Capra]]'' que existen en [[Europa]], sendo as outras o [[íbex]] ou cabra dos [[Alpes]], as cabras salvaxes do [[Cáucaso]] e a [[cabra]] doméstica. Trátase dun [[endemismo]] que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas de [[España]].
Liña 53 ⟶ 54:
Coa introdución da [[agricultura]] e o aumento da poboación humana (e con iso, da caza), a súa poboación desapareceu de varias zonas e noutras minguou ostensiblemente. En tempos recentes, o feito de ser unha especie única no mundo, endémica da Península, converteuna nunha cobizada especie de caza maior. Tense constancia da chegada expresa de cazadores procedentes de [[Francia]] e o [[Reino Unido]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], especialmente ao Pirineo, buscando unicamente a morte dalgún exemplar e os seus valiosos cornos como trofeo.
 
Xa a finais do [[século XIX]], a poboación de cabra montesa estaba en rápida regresión, téndose extinguido a subespecie galega-portuguesa. [[Afonso XIII de España]] creou en [[1905]] o Refuxio Real de Caza da Serra de Gredos para limitar a caza deste animal na zona e salvar así á entón reducida poboación local, pero non tomou maiores medidas polo salvamento da especie. Non foi ata [[1950]] cando comezaron a crearse numerosas reservas para protexer a cabra montesa, aínda que en moitos casos non se crearon políticas axeitadas ao efecto. A [[extinción]] recente do bucardo débese en boa medida a iso, reducido a só 20 exemplares en [[1970]] e condenado xa que logo á desaparición nunhas poucas décadas. A falta de cabras montesas para as cacerías intentou cubrirse durante o tardo[[franquismo]] coa introdución doutros bóvidos foráneos, coma o [[muflón]] e o [[arruí]], especies que tiveron un impacto desigual sobre a flora e fauna local e nalgúns casos puxeron aínda máis en apretos á cabra montesa, pois compiten con ela polos mesmos recursos. Mentres que a caza da especie non está permitida en moitas zonas, noutras, como en Gredos, só se usa como medio para controlar a súa poboación debido á escaseza de depredadores naturais.
 
=== En Galicia ===
A [[Xunta de Galicia]] leva a cabo un plan de reintrodución a gran escala na [[Galicia|comunidade autónoma galega]] dende [[2003]]. Mentres que a caza da especie non está permitida en moitas zonas, noutras, como en Gredos, só se usa como medio para controlar a súa poboación debido á escaseza de depredadores naturais. Estimacións do [[2006]] achegaron un censo que rolda os 400 exemplares en Galicia.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/16/4950005.shtml?idioma=galego A poboación de cabra montesa multiplicouse por sete nun decenio] lavozdegalicia.es. Introducida o 31/12/2010</ref> A maioría dos espécimes localízanse nos [[Parque Natural|parques naturais]] da [[Baixa Limia-Serra do Xurés]] e no [[O Invernadeiro|Invernadeiro]], ambos os dous na [[provincia de Ourense]].
 
== Notas ==