Diferenzas entre revisións de «Igor Stravinskii»

traio de en.wiki
m (r2.7.1) (Bot: Modifico: el:Ίγκορ Στραβίνσκι)
(traio de en.wiki)
Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía
''Chronique de ma vie'' coa axuda de [[Walter Nouvel]], nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de [[Alexis Roland-Manuel]] e [[Piotr Souvtchinski]] escribiu as leccións maxistrais que deu na [[Universidade Harvard]] no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro ''Poétique musicale''.
 
== Obra ==
{{AP|Composicións de Ígor Stravinski}}
A carreira compositiva de Stravinski pode dividirse, a grandes rasgos, en tres períodos estilísitcos:
 
=== Período ruso (c. 1908 – 1919) ===
[[Ficheiro:Stravinsky rimsky-korsakov.jpg|thumb|Stravinski e Rimsky-Korsakov (sentados xuntos á esquerda) en 1908.]]
O primeiro período estilístico de Stravinski (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con ''[[Feu d'artifice]]'' (''Fogos de artificio'') e inclúe os tres [[ballet]]s compostos para [[Serguei Diaguilev]]. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan [[música rusa|temas e motivos folklóricos rusos]]. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende ''[[L'Oiseau de feu]]'' (''O paxaro de lume''), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun [[pandiatónico|pandiatonicismo]] notable no terceiro movemento, ao emprego da [[politonalidade]]en ''[[Petrushka]]'' e as intencionadamente brutais [[polirritmia]]s e [[Consonancia e disonancia|disonancias]] de ''[[Le Sacre du printemps]]'' (''A consagración da primavera'').
 
Se a intención de Stravinski era "mandalos a todos ao inferno",<ref>Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.</ref> entón puido ter clasificado a estrea de ''Le Sacre du printemps'' en [[1913]] como un éxito: é un famoso [[motín da música clásica]] e Stravinski refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un ''scandale''.<ref>Stravinsky 1936</ref> Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.<ref>See Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.</ref> Outras obras do período ruso inclúen: ''[[Le Rossignol]]''; ''[[Renard (Stravinsky)|Renard]]'' (1916); ''[[Histoire du soldat]]'' (1918); e ''[[Les noces]]'' (''The Wedding'') (1923).
 
=== Período Neoclásico (c. 1920 – 1954) ===
A seguinte etapa compositiva de Stravinski exténdese dende a súa [[ópera]] ''[[Mavra]]'' (1921–22), que é considerada o principio do seu período neoclásico, ata [[1952]], cando se volveu cara ao [[serialismo]].<ref name="Walsh 2001" /> ''[[Oedipus rex (ópera)|Oedipus Rex]]'' (1927), ''[[Apollon musagète]]'' (1928), e o concerto ''[[Dumbarton Oaks]]'' (1937–38) continúan o seu plantexamento do estilo musical do [[século XVIII]]. Outras obras deste período inclúen tres sinfonías: a ''[[Symphonie des Psaumes]]'' (1930), Sinfonía en Do (1940) e a [[Sinfonía en Tres Movementos (Stravinsky)|''Sinfonía en Tres Movementos'']] (1945).
 
''Apollon'' (1928), ''Persephone'' (1933) e ''Orpheus'' (1947) exemplifican, non só o retorno de Stravinski á música do clasicismo, senón tamén a súa exploración de temas do antigo mundo clásico como a [[mitoloxía grega]]. En [[1951]] rematou a súa derradeira obra neoclásica, a ópera ''[[The Rake's Progress]]'', con [[libreto]] de [[W. H. Auden]] que estaba baseado en grabados de [[William Hogarth]]. Estreouse en [[Venecia]] ese mesmo ano e foi producida por toda [[Europa]] durante o ano seguinte, antes de ser posta en escena na [[Metropolitan Opera]] de [[Nova York]] en [[1953]].<ref>Griffiths, Stravinsky, Craft, and Josipovici 1982, pp. 49–50.</ref> Foi porta en escena pola [[Santa Fe Opera]] no [[Stravinsky Festival]] de [[1962]], en honor ao 80 aniversario do compositor e foi revivida pola Metropolitan Opera en [[1997]].
 
=== Período serial (1954–1968) ===
Nos anos '50, Stravinski comezou a empregar técnicas compositivas como o [[dodecafonismo]], a técnica ideada orixinalmente por [[Arnold Schoenberg]].<ref>Craft 1982.</ref> Primeiramente experimentou con técnicas seriais non-dodecafónicas unha pequena escala vocal e obras de cámara como a ''[[Cantata (Stravinsky)|Cantata]]'' (1952), o Septeto (1953) e ''Tres cancións para Shakespeare'' (1953). A primeira das súas composicións baseada nestas técnicas foi ''In Memoriam Dylan Thomas'' (1954). ''[[Agon (ballet)|Agon]]'' (1954–57) foi a primeira das súas obras que incluiu series dodecafónicas, e ''[[Canticum Sacrum]]'' (1955) foi a primeira peza que contivo un movemento enteiramente baseado nun [[tono fila]]<!-- ("Surge, aquilo") -->.<ref>Straus 2001, p. 4.</ref> Stravinsky expandiu o seu emprego do dodecafonismo a traballos como ''[[Threni (Stravinsky)|Threni]]'' (1958) e ''A Sermon, a Narrative, and a Prayer'' (1961), que están baseados en textos bíblicos,<ref>White 1979, p. 510.</ref> e ''[[The Flood (Stravinsky)|The Flood]]'' (1962), que mestura brevas textos bíblicos do [[Xénese]] con pasaxes de [[York Mystery Plays|York]] e [[Chester Mystery Plays]].<ref>White 1979, 517.</ref>
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Igor Stravinsky}}
{{wikiquote|Igor Stravinsky}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fondation-igor-stravinsky.org Fundación Ígor Stravinski, Información oficial sobre o autor. Catálogo Completo]
* [http://imslp.org/wiki/Category:Stravinsky,_Igor Partituras de Stravinski] en [[International Music Score Library Project]] (IMSLP)
* [http://oxfordbibliographiesonline.com/view/document/obo-9780199757824/obo-9780199757824-0035.xml?rskey=gQqPVE&result=44&q= Mark McFarland. “Igor Stravinsky.” in ''Oxford Bibliographies Online: Music''. Edited by Bruce Gustavson. New York: Oxford University Press, 2011.]
 
{{ORDENAR:Stravinski, Igor}}
30.091

edicións