Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 2192043 de BotDHojalata (conversa)
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 4:
logo = |
definición = Partido político catalán|
líder = [[Joan Puigcercós]]
(Presidente)
[[Joan Ridao]]
(Secretario Xeral)|
ideoloxía = [[Independentismo]]
[[Socialdemocracia]]
[[Republicanismo]]|
filiación internacional = [[Alianza Libre Europea]]|
mocidades= [[Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya]] |
fundación = Marzo de [[1931]]|
publicación = Esquerra Nacional|
parlamento = 21 deputados no [[Parlamento de Cataluña]]
1 deputada no [[Parlamento das Illas Baleares]]
1 deputado (conseller) no [[Consell de Mallorca]]
3 deputados no [[Congreso dos deputados]]
1 deputado no [[Parlamento Europeo]]|
sede = C/ Calàbria, 166
08015 Barcelona|
web = [http://www.esquerra.cat/ www.esquerra.cat]|

Liña 25:
Ademais da súa implantación en Cataluña, ERC posúe unha representación nas [[Illas Baleares]] e no [[Cataluña do Norte - Catalunya del Nord|Rosellón francés]], así como na [[Comunidade Valenciana]], onde emprega a denominación [[Esquerra Republicana del País Valencià]] (ERPV).

== Ideoloxía ==
Nos seus ideais<ref>[http://www.esquerra.org/web_nova/arxius/DIcastellano.pdf Programa] de ERC {{es}}.</ref>, ERC declárase de [[esquerda política|esquerdas]], favorable á república e á [[independentismo catalán|independencia de Cataluña]], entendida esta como [[nación catalá]] ou ''[[Países Cataláns]]'', un conxunto que englobaría tódolos territorios de fala catalá (basicamente as actuais [[comunidades autónomas]] de [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana]] e [[Illas Baleares]], a [[Franxa de Aragón - Franja de Ponent|Franxa de Aragón]], [[Andorra]] e a denominada ''[[Cataluña do Norte - Catalunya del Nord|Cataluña do Norte]]'' (coñecida tamén como a rexión do Rosellón).

ERC propugna a independencia de Cataluña pola vía pacífica. Rexeita a violencia, respecta a [[Constitución Española de 1978]], e participa activamente nas institucións políticas co obxectivo de conseguir pola vía democrática o [[dereito á autodeterminación]] que permita a independencia de Cataluña.

== Historia ==
=== 1931-1936: a II República ===
O partido foi fundado por [[Jaume Aiguader]] na ''Conferència d'Esquerres Catalanes'' celebrada entre o 17 e o 20 de marzo de [[1931]] no barrio de Sants (Barcelona), sendo o resultado da unión do ''[[Partit Republicà Català]]'' de [[Lluís Companys]], ''[[Estat Català]]'' de [[Francesc Macià]] e o grupo ''[[L'Opinió]]'' (que debe o seu nome ó do semanario homónimo) de [[Joan Lluhí]]. Con Macià á testa, gañou as eleccións municipais dese ano, proclamando aquel a [[República Catalá]] dentro da federación ibérica, tentando así recuperar as institucións de autogoberno que foron derogadas polos [[Decretos de Nueva Planta]], promulgados por [[Filipe V de España|Filipe V]] en 1714, os cales relegaran, ademais, a súa lingua e a súa cultura. O goberno español provisional do '''comité revolucionario''' tivo que enfrontarse á crise provocada con esta iniciativa e propuxo acelerar o proceso de autonomía que resultou no [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932|Estatuto de Autonomía]] de [[1932]]. En [[1934]], [[Lluís Companys]] aproveitando a tensión obreira que deriva cara á [[Revolución de Asturias de 1934]], novamente declarou o ''Estat Català'' dentro da '''República Federal Española''' desafiando ó goberno, quen declarou o estado de guerra e ordenou a intervención do Exército. Companys foi detido e encarcerado, e o goberno autónomo suspendido.

En [[1936]] Esquerra formou parte do [[Frente Popular]] que gañou as eleccións xerais de febreiro e Companys asumiu novamente o goberno da [[Generalitat]].

=== 1936-1939: a Guerra Civil ===
O [[18 de xullo]] de [[1936]] produciuse o alzamento militar que desembocou na [[Guerra Civil Española]], durante a que Esquerra seguiu participando na administración da República e nos poderes democraticamente electos, colaborando tamén co chamado ''Exército Popular''.

=== 1939-1975: Clandestinidade durante o Franquismo ===
En 1939 conclúe a guerra civil co triunfo do bando sublevado, que suspende os partidos políticos e anula tódalas liberdades. En Cataluña suspéndense as institucións autonómicas e prohíbese o uso da lingua catalá. A represión é especialmente dura contra Esquerra Republicana de Catalunya e os seus militantes, pola súa ideoloxía e polas decisións tomadas polos seus líderes tanto durante a Segunda República como durante a Guerra Civil. «Dos 70.000 militantes (que tiña ERC antes da guerra), a metade exílianse, e unha cuarta parte son aprisionados, executados ou mortos na Guerra Civil» indica a web de ERC na súa páxina de presentación.

Liña 60:
ERC convértese nun dos partidos que, desde a clandestinidade, mostra maior actividade na loita antifranquista en Cataluña. Durante os [[anos 1960]] intégrase sucesivamente no Consello Catalán do Movemento Europeo, o Secretariado da Democracia Social Catalá, e á Coordinadora de Forzas Políticas.

=== 1975-1980: Transición á Democracia ===
A morte de Francisco Franco o [[20 de novembro]] de [[1975]] e o acceso á xefatura do estado en España do rei Xoán Carlos I deu paso á [[Transición Española]] cara á democracia, na que se recuperarían as liberdades, se irían legalizando os partidos políticos e recuperando as institucións democráticas.

Liña 77:
En [[1979]] celebrouse o referendo sobor o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña]], no que Esquerra Republicana de Catalunya pide o "Si".

=== 1980-2003: na Cataluña autonómica e converxente ===
==== 1980-1984: a época de Barrera ====
O [[20 de marzo]] de [[1980]] celébranse as [[Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1980]], as primeiras eleccións democráticas catalás trala guerra civil. ERC obtivo 240.871 votos que lle valeron catorce escanos no [[Parlamento de Cataluña]]. Liderada polo presidente do partido [[Heribert Barrera]], ERC saíu das eleccións como a quinta forza política de Cataluña, pero os votos dos seus catorce parlamentarios foron claves para que o candidato de [[Convergència i Unió]], [[Jordi Pujol]], fose elixido [[Presidente da Generalitat de Cataluña]]. Malia ó apoio de ERC á investidura de Pujol, este formou goberno en solitario, prescindindo da posibilidade de incorporar a ningún membro de ERC ó goberno.

Liña 84:

As [[Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1984]] supuxeron un duro revés para ERC. Pese a que se mantivo como quinta forza do [[Parlamento de Cataluña]], perdeu moitos votos (obtivo só 126.943) que foron a parar a CiU, erixida xa como o partido estandarte do [[nacionalismo catalán]]. ERC, liderada por [[Heribert Barrera]], pasou de 14 a 5 escanos, perdendo toda forza parlamentaria, especialmente ante a maioría absoluta obtida por CiU.
==== 1984-1989: continúa a crise con Joan Hortalà ====
O partido entrou entón nunha grave crise, e elixiuse a [[Joan Hortalà]] como novo líder do partido.

Liña 92:

Nas [[Eleccións xerais españolas de 1989]], aínda con Joan Hortalà á fronte, ERC practicamente repetiu os resultados de 1986, ó obteren 84.756, o 2,68% dos votos emitidos en Cataluña, que tampouco lle serviron para recuperaren o escano perdido en 1984.
==== 1989-1996: Àngel Colom reorienta o partido ====
Foi entón cando ERC iniciou unha rexeneración interna, dando o relevo a unha nova xeración de novos liderados por [[Àngel Colom i Colom]], que foi elixido novo Secretario Xeral do partido no 16º Congreso Nacional de ERC, celebrado en [[Lleida]] en novembro de [[1989]], substituíndo a [[Joan Hortalà]], e superando a [[Josep Lluís Carod Rovira]], que tamén presentara candidatura. Nese congreso apróbase a independencia dos [[Países Cataláns]] como obxectivo político do partido.

Liña 106:

En [[1996]] produciuse unha grave crise interna, a consecuencia da cal abandonaron Esquerra os dous líderes do partido [[Àngel Colom]] e [[Pilar Rahola]], que fundaron o "[[Partit per la Independència]]" co obxectivo de crear outro partido que pugnase con ERC polo voto [[independentismo catalán|independentista]].
==== 1996: nova era con Carod-Rovira ====
En novembro de 1996 celébrase o 21º Congreso Nacional de ERC. Os militantes escolleron unha nova dirección para o partido, con [[Josep Lluís Carod-Rovira]] como novo presidente e [[Joan Puigcercós]] como novo secretario xeral. A nova dirección anuncia un cambio de rumbo: non renuncia á independencia de Cataluña, pero deixa de empregar esa idea como único referente. A nova dirección quere situar ó partido como un referente na esquerda catalá, posicionándoo respecto a tódolos temas que ocupan a axenda política e a vida social dos cataláns.

Liña 116:

Nas eleccións municipais da primavera de [[2003]] ERC dá un gran salto electoral, ó obter 414.000 votos en toda Cataluña (o 12,77% do total), sumando 1.383 concelleiros rexidores e 116 alcaldías.
=== 2003-2006: de novo no Goberno de Cataluña ===
O [[16 de novembro]] de [[2003]], nas [[eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2003]], ERC logrou 23 representantes, converténdose no "partido bisagra" que definiría a composición do goberno, posto que para obter a maioría os outros partidos estaban obrigados a pactaren con Esquerra. Tras varias semanas en que parecía que pecharía un acordo con [[CiU]] (partido conservador e nacionalista), finalmente decantouse por un "pacto progresista" (o chamado [[Pacto del Tinell]]) co [[Partit dels Socialistes de Catalunya|PSC]] e [[Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa|ICV-EUiA]].

Liña 152:

O [[18 de xuño]] de [[2006]] celebrouse o [[Referendo estatutario en Cataluña de 2006|Referendo]], no que o texto foi aprobado co 73,90% dos votos a favor. O "Non" solicitado por ERC (e polo PP) só obtivo un 20,76% dos votos. A mesma noite, Josep Lluís Carod-Rovira recoñeceu a derrota da proposta de Esquerra, e manifestou que o partido debería facer autocrítica para aprender dos erros cometidos.
== Posición de ERC ante os referendos ==
* [[1976]]: Referendo pola [[Reforma política española de 1977|Reforma política en España]]. Non participa na campaña electoral ó non estar aínda legalizado o partido.
* [[1978]]: Referendo sobre a Constitución española. Pide o "Non".
Liña 159:
* [[2005]]: [[Referendo sobre a Constitución Europea en España|Referendo sobre o Tratado da Constitución Europea]]. Pide o "Non".
* [[2006]]: [[Referendo estatutario en Cataluña de 2006|Referendo sobre a reforma do Estatuto de autonomía de Catalunya]]. Pide o "Non".
== Resultados electorais ==
=== Eleccións ó Parlamento de Cataluña ===
{| border="1" cellpadding="3" cellspacing="0" align="left"

Liña 187:

=== Eleccións xerais españolas ===
{| border="1" cellpadding="3" cellspacing="0" align="left"

Liña 221:

* Nas eleccións de 1977, ERC presentouse so as siglas Esquerra de Catalunya (Front Electoral Democràtic). Nas eleccións de 1979, ERC presentouse en coalición co [[Front Nacional de Catalunya]] e o [[Partit Socialdemòcrata de Catalunya]].
== Véxase tamén ==
* [[Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya]] (JERC).
* [[Esquerra Republicana del País Valencià]] (ERPV).
== Ligazóns externas ==
* [http://www.esquerra.cat/ Páxina oficial de ERC] ('''[[lingua catalá|catalán]]''')
{{Europa dos Pobos}}

[[Categoría:Partidos políticos]]
[[Categoría:Nacionalismo]]
Liña 238 ⟶ 239:
[[cy:Esquerra Republicana de Catalunya]]
[[de:Esquerra Republicana de Catalunya]]
[[el:Ρεπουμπλικανική Αριστερά της Καταλονίας]]
[[en:Republican Left of Catalonia]]
[[eo:Esquerra Republicana de Catalunya]]