Aparato xustaglomerular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
As células xustaglomerulares ou granulares segregan renina en resposta a tres tipos de estímulos:<ref name="Jackson"> {{cita libro | autor = Jackson B.A. | enlaceautor = | coautores = C.E. Ott | editor = Fence Creek Editors | editor = | outros = | título = Renal system. Integrated medical science. | edición = | data = | ano = 1999 | mes = | ubicación = | id = ISBN 9781889325316 | isbn = | páxinas = | capítulo = Ch.5 Maintenance of body fluid osmolarity and volume | URLcapítulo = | cita = }} </ref>
*Descenso da presión sanguínea da arteriola aferente (que implica unha redución da perfusión renal), mediada por barorreceptores locais, que produce a liberación de renina.
*Estimulación do [[sistema nervioso simpático]] mediada por [[receptor beta-1|receptores adrenérxicos beta-1]] presentes nestas células. En xeral, a actividade do sistema simpático aumenta cando a presión sanguínea diminúe, o que provoca no [[ril]] a [[secreción]] de renina. A actividade do simpático tamén produce a constrición da arteriola aferente. Como isto ocorre antes de chegar ás células granulares, un aumento da resistencia da arteriola aferente implica unha redución na presión sanguínea que chega a estas células, o que activa tamén os barorreceptores e aumenta a secreción de renina.
*Variacións na cantidade de [[NaCl]] que chega ao túbulo contorneado distal, detectadas polas células da mácula densa (debidas a variacións na [[taxa de filtración glomerular]], ou GFR polas súas siglas en inglés).
Na maior parte dos casos, estes tres mecanismos actúan conxuntamente para regular a liberación de renina. Porén, cada un destes mecanismos pode operar independentemente. Por exemplo, en caso de [[hemorraxia]], o descenso da presión sanguínea produciría unha diminución na GFR e unha diminución na cantidade de NaCl que chega ao túbulo contorneado distal, o cal produciría a súa vez unha dilatación da arteriola aferente e un aumento da GFR que neste caso é inapropiada, dado que se produciu perda de sangue. O que ocorre neste caso é que o sinal do sistema simpático, que produce vasoconstrición, é moito maior ca o sinal producido pola variación na cantidade de NaCl, polo que a vasoconstrición predomina, mantendo baixa a GFR e evitando a perda de fluído a través do ril.