Ameloblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
</ref>
 
Os ameloblastos derivan do tecido do [[epitelio]] oral de orixe [[ectoderma|ectodérmica]]. A súa diferenciación ten lugar a partir de preameloblastos como resultado de sinais químicos enviados polas células endomesenquimais da [[papila dental]]. Os ameloblastos só se farán completamente funcionais despois de que os [[odontoblasto]]s formen a primeira capa calcificada de [[dentina]]. Enriba desa dentina os ameloblastos depositan capas da matriz do esmalte. A medida que crece a cantidade de esmalte, os ameloblastos vanse retirando. A calcificación da matriz do esmalte comeza na periferia dos bastonciños de esmalte e continúa cara ao seu interior, e cando está completa permanece pouco material orgánico. Os ameloblastos controlan a composición iónica e orgánica do esmalte. Axustan as súas actividades de [[secreción]] e resorción para manter unhas condicións favorables para a biomineralización. Cando o grosor e extensión do esmalte é a definitiva, os ameloblastos convértense en células pequenas cuboideas, elaboran a cutícula externa do esmalte e atrófianse. <ref name=Fawcett/>
 
A liña celular ALC [[murina]] é de orixe ameloblástica. <ref>{{cite journal |pages=405–11 |doi=10.1016/j.bbrc.2006.12.053 |title=Differentiation of an ameloblast-lineage cell line (ALC) is induced by Sonic hedgehog signaling |year=2007 |last1=Takahashi |first1=Satomi |last2=Kawashima |first2=Nobuyuki |last3=Sakamoto |first3=Kei |last4=Nakata |first4=Akira |last5=Kameda |first5=Takashi |last6=Sugiyama |first6=Toshihiro |last7=Katsube |first7=Ken-Ichi |last8=Suda |first8=Hideaki |journal=Biochemical and Biophysical Research Communications |volume=353 |issue=2 |pmid=17188245}}</ref>