Glándula sudorípara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
* '''Glándulas sudoríparas ecrinas:''' están formadas por un glomérulo secretor e un conduto excretor que desembocan directamente á superficie da pel. Existen unhas 600 glándulas por centímetro cadrado de [[pel]], con maior concentración nas palmas das mans, plantas dos pés e rexión frontal da cara. Segregan 1 litro ao día en condicións basais e poden perder até 10 [[litro|L]] en condicións extremas. As glándulas sudoríparas desempeñan funcións importantes no [[metabolismo]] hidroclorado, na termorregulación pola evaporación da suor e humidade da superficie cutánea que tamén está relacionada coa prensión dos obxectos coas mans.
 
* '''Glándulas sudoríparas apocrinas:''' desemboca no foliculo pilosebaceo saíndo ao exterior o seu contido xunto co sebo. Están formadas por un gran lóbulo secretor e un conduto excretor dérmico que desemboca no folículo pilosebáceo. Estas glándulas apocrinas están en involución no ser humano, son pouco numerosas e localízanse nas [[axila]]s, [[periné]], [[pubes]] e [[conduto auditivo externo]]. Estas glándulas son as encargadas da [[secreción]] das feromonas. A [[glándula mamaria]] é unha glándula sudorípara apócrina modificada. As glándulas sudoríparas apocrinas producen sustancias moi olorosas que son as responsables do cheiro característico de zonas coma as axilas e nailos órganos sexuais. Ás veces estes cheiros corporais son moi desagradables cando se descoida a hixiene persoal ao mesturarse coas bacterias presentes na pel. Os nenos antes da puberdade teñen un cheiro diferente aos adultos xa que non producen suor apocrina e a súa secrecion sebacea é menor.
 
A [[inflamación]] dunha glándula sudorípara chámase [[hidradenite]].