Abrir o menú principal

Cambios

As neuronas dopaminérxicas (é dicir, as neuronas que utilizan como neurotransmisor primario a dopamina) están presentes maioritariamente na área tegmental ventral do cerebro-medio, a parte compacta da [[substancia negra]], e o núcleo arcuato do [[hipotálamo]].
 
Segundo unha hipótese a dopamina transmite os erroreserros na predición dunha recompensa, aínda que isto foi cuestionado. <ref name="dopamine function">{{cite journal | author=Peter Redgrave, Kevin Gurney|title=The short-latency dopamine signal: a role in discovering novel actions? |journal=Nature Reviews Neuroscience |volume=7 |pages=967–975 |year=2006 |doi=10.1038/nrn2022 | pmid=17115078 | issue=12}}</ref> De acordo con esta hipótese, obsérvanse respostas fásicas das neuronas dopaminérxicas cando se presenta unha recompensa inesperada. Estas respostas poden establecer un [[estímulo condicionado]] despois de que se asocie repetidamente coa recompensa. As neuronas dopaminérxicas son deprimidas cando se omite a recompensa esperada. Así as neuronas dopaminérxicas parecen codificar a predición de errorerro das recompensas. Na natureza, aprendemos a repetir os comportamentos que levan a maximizar as recompensas. A dopamina crese que proporciona un sinal instrutivo ás partes do cerebro responsables de adquirirmos un novo comportamento.
 
En insectos, existe un sistema de recompensa similar, que utiliza a [[octopamina]], unha substancia similar á dopamina. <ref name="octopamine-honeybee">{{cita publicación|autor=Barron AB, Maleszka R, Vander Meer RK, Robinson GE |título=Octopamine modulates honey bee dance behavior |revista=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=104 |número=5 |páxinas=1703-7 |ano=2007 |pmid=17237217 |doi=10.1073/pnas.0610506104}}</ref>
Usuario anónimo