Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:91.117.4.220»

::::As referencias duplicadas en distintos artigos non deben ser quitadas. Incluso unha referencia pode dar información a varias partes dun mesmo artigo e ten que repetirse en cada unha delas. Xa che digo que no tema das referencias os artigos son independentes porque ós lectores non se lles pode "obrigar" a ir a outros artigos para atopar as referencias do que están lendo. Coa última modificación xa están referenciados correctamente os castros e os lectores poden comprobar directamente esa información, penso que así está mellor. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23 de novembro de 2012 ás 00:36 (UTC)
:::::Non che pedía que puxeras referencias, tan só preguntaba por qué se eliminaban as que había e non se substituían por outras. Unha referencia nunca se debe eliminar, se é correcta, só se pode cambiar por outra mellor ou por outra que poda agrupar varias referencias que estén no mesmo artigo (no caso dos castros de Narón fixéchelo coas ligazóns que puxeches ó final). Que outros artigos non teñan referencias non quere dicir que sexan correctos, o que hai que facer é poñerllas, se consultas eses artigos nas wikis en castelán ou en inglés teñen as súas referencias. As referencias son a base da [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]] dos artigos. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23 de novembro de 2012 ás 10:10 (UTC)
::::::Non sei se son eu o que non entende ou se es ti, eu o único que pretendía era que non se eliminaran referencias correctas, coma por exemplo [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nar%C3%B3n&diff=2702079&oldid=2701714|esta]. Volvo pedirche que non o fagas noutro caso ou que revises con coidado asegurándote que a referencia realmente é incorrecta, e nese caso sempre hai que substituíla por outra que na que se poda verificar a información asociada porque en caso contrario habería que eliminar esa información do artigo. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23 de novembro de 2012 ás 18:06 (UTC)
100.129

edicións