Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 61:
==Referencias en castros de Narón==
Boas, quería saber por que estás a quitar as referencias ós castros de Narón? Son incorrectas? Eu penso que están ben, non vexo o motivo de quitalas... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 09:32, 21 de novembro de 2012 (UTC)
:Pois si, algunha ligazón estaba mal. Algúns castros teñen máis de un nome ao facer unha páxina de cada castro estase a poñer ben. Non se está a quitar ningunha "referencia". Estanse a ordenar e agrupar ligazóns nas novas páxinas sobre cada castro (onde xa están esas referencias). Se non existe páxina do castro (aínda) deixase o enlace. Cando se fai a páxina pasa a unha páxina adicada a cada castro. Na páxina da wikipedia sobre o concello de Narón están as ligazóns a esas novas páxinas (ligazóns internas). Non ten sentido repetir ligazóns. Os castros amosados na wiki sobre Narón están referenciados na páxina web do concello de Narón alí hai unha listaxe de esos mesmos castros e no PXOM. Tamén pódese consultar esa listaxe do PXOM en http://gl.wikipedia.org/wiki/Castros_da_provincia_da_Coruña (Narón){{sensinatura|91.117.4.220|21 de novembro de 2012 ás 10:23‎}}
::Non se poden quitar referencias se son correctas, aínda que estén repetidas noutros artigos, cada artigo é independente respecto a iso. Se eu estou mirando o artigo de Narón teño que atopar nese artigo as referencias ó contido que hai nel, aínda que estén repetidas noutros artigos ligados internamente. E as referencias nunca sobran, se son correctas claro está.
::A ligazón do PXOM non fai referencia a tódolos castros da lista, non atopo o [[Castro de Castro]] (na web http://castros.artabro.es/node32.html ten de nome "Castro de Sta. María de Castro" e se non hai referencias para o outro nome haberá que trasladar o artigo) nin o de Bazón (na web dos castros tampouco a atopo). Logo na web dos castros teñen o [http://castros.artabro.es/node63.html castro de Pedreira] que non atopo a súa correspondencia no PXOM. Unha solución para simplificar as referencias desa lista sería poñer a ligazón ó PXOM (poñendo os nomes que aparecen aí), unha ligazón do castro de Sta. María de Castro á web dos castros cambiándolle o nome ó artigo, se é que non se atopan outras referncias e, se non está no PXOM, engadir tamén á lista o castro de Pedreira con ligazón á web dos castros. Logo o que hai que facer é engadir as ligazóns correspondentes en tódolos artigos dos castros. En resumo, non eliminar referencias nun artigo, si melloralas. Que che parece?. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 22 de novembro de 2012 ás 14:10 (UTC)