Diferenzas entre revisións de «Hermenexildo Gotérrez»

(Zamora -> Zamora, España; arranxiños)
 
==Conquista de Coimbra==
A conquista de [[Coimbra]] non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiácristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] [[Muhammad I]] reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
 
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada [[reconquista]] cristiá, chegando ata o [[río Mondego]], nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de [[Burgos]] e no que [[Zamora, España|Zamora]] non se pode dar como repoboada ata o ano [[893]].
Usuario anónimo